O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

A Xunta humanizará as rúas Mollados e Forcarei en Arca cun orzamento de 600.000 euros

News

18/07/2025
18 Jul

A Corporación aprobou hoxe en pleno unha modificación de crédito para aportar os 55.023 euros e un gasto plurianual para cofinanciar o proxecto en 2025 e 2026  ||
A Consellería de Vivenda aportará 423.000 euros e o Concello do Pino 181.519  ||

 

 

O Concello do Pino vai humanizar as rúa dos Mollados e a de Forcarei en Arca grazas a unha achega da Consellería de Vivenda, que será quen execute as obras previstas para este ano e o que vén cun orzamento total de 605.065 euros. Do importe total, a Xunta financia 423.545 euros e o Concello 181.519 euros.

Para asumir os compromisos necesarios para a execución destas obras, a Corporación do Pino aprobou hoxe en pleno extraordinario un gasto plurianual e tamén unha modificación de crédito para ter dispoñibles os 55.023 euros que o Concello debe aportar este ano.

As obras consistirán na humanización da rúa dos Mollados (que vai dende preto do colexio ata a N-550) e da rúa Forcarei, que enlaza a anterior coa casa consistorial pasando pola praza de Forcarei. “Vaise mellorar o firme, colocar novas beirarrúas, facer un carril bici e soterrar o cableado”, indicou o alcalde, Manuel Taboada.

O orzamento do proxecto elaborado pola Consellería de Vivenda ascende a 605.065 euros, dos que a Xunta financiara 423.545 (128.387 euros serán aportados este ano e 295.158 euros durante 2026).

Pola súa banda, o Concello deberá aportar 55.023 euros este ano (motivo polo que se aprobou en Pleno a modificación de crédito) e reservar outros 126.496 euros nos orzamentos de 2026 (garantidos co acordo de gasto plurianual).

Unha vez ratificados polo Pleno a modificación de crédito e o gasto plurianual, o Concello deberá asinar agora o convenio coa Consellería de Vivenda, que será a que licite a execución das obras.

O alcalde, Manuel Taboada, explicou que con este acordo poderán “acometerse unhas obras importantes no núcleo de Pedrouzo, que van mellorar a seguridade viaria dos peóns e do alumnado que estuda no CPI Camiño de Santiago. Agradecemos a colaboracion da Consellería de Vivienda e Planificación de Infraestruturas, así como a outras infraestruturas financiadas pola Xunta de Galicia.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino entregará as distincións aos mellores deportistas o xoves 31 de xullo no Concello
O alcalde do Pino pídelle á conselleira de Medio Ambiente o bombeo para conectar Castrofeito e O Amenal coa depuradora de Arca »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English