O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

A Xunta e o Concello do Pino colaboran na renovación do parque infantil do Souto en Arca

News

22/02/2021
22 Feb
  • A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visita esta instalación acompañada polo alcalde Manuel Taboada  ||  

  • O parque infantil do Souto contou para a súa renovación cun orzamento de 48.420 euros, financiados nun 80% pola Vicepresidencia da Xunta e nun 20% polo consistorio  ||  

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, e a directora xeral de Administración Local da Xunta, Natalia Prieto, visitaron esta mañá o parque infantil do Souto, no que se acometeu unha fonda obra de renovación. Con esta área, destinada a menores de tres anos, son xa catro as infraestruturas deste tipo das que pode gozar a veciñanza de Arca.

A posta ao día destes espazos de lecer é “unha mostra da aposta do Concello pola calidade de vida dos máis pequenos e polas actividades ao aire libre”, afirmou Taboada, que chamou á cidadanía a “usalos, desfrutalos e coidar deles o máximo posible”. O parque infantil do Souto contou para a súa renovación cun orzamento de 48.420 euros, financiados nun 80% pola Vicepresidencia da Xunta e nun 20% polo consistorio. O conxunto de actuacións realizadas neste espazo de preto de 300 m² consistiu na renovación dos equipamentos de xogos para os máis pequenos e na instalación de pavimentación de seguridade adecuada.

“É de agradecer a boa disposición da dirección xeral de Administración Local á hora de acometer este investimento”, destacou o alcalde do Pino, que tamén desexou que “este clima de colaboración se manteña e se poidan levar a cabo outras demandas realizadas polo goberno local”. Tamén a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, puxo énfase na importancia desta cooperación entre a administración autonómica e local, “que é a mellor coñecedora das necesidades e demandas da veciñanza”.

Neste momento, Arca conta con catro áreas de recreo infantís, dúas na praza de Forcarei, outra na praza do Concello e a do Souto. Nestes momentos estanse a executar as obras para cubrir o parque infantil situado a carón da escola infantil A Galiña Azul, na praza de Forcarei, presupostada en 89.600 euros, que mellorará as condicións para que a cativada poida seguir gozando das instalacións tanto os días de moito sol como os de choiva. Está previsto que quede rematada en marzo.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Xa se poden reservar entradas para asistir ao espectáculo familiar Saaabor! o sábado 27 de febreiro
O Concello do Pino conmemora o Día de Rosalía co alumnado da escola unitaria de Gonzar »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English