O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / A veciñanza do Pino pode solicitar a rebaixa do IBI de explotacións gandeiras, agrarias e forestais

A veciñanza do Pino pode solicitar a rebaixa do IBI de explotacións gandeiras, agrarias e forestais

Novas

25-06-2021
25 Jun
  • As edificacións, construcións e instalacións deben estar dedicadas total e exclusivamente a estas actividades  ||

  • A solicitude debe presentarse xunto cunha declaracións responsable no rexistro do concello ou por sede electrónica  ||

O Concello de O Pino ten xa preparado o formulario de solicitude para que todas as persoas titulares de explotacións gandeiras, agrarias e forestais poida solicitar a bonificación do 95% da cota íntegra do IBI (contribución) destas instalacións. A solicitude debe ir acompañada dunha declaración responsable.

Os titulares das explotacións deben solicitarlle ao concello que declaren estas construcións, edificacións e instalacións de especial interese ou utilidade municipal, o que implicará a bonificación do 95% da cota íntegra do recibo da contribución.

A veciñanza pode solicitar estas rebaixa con efectos de 1 de xaneiro de 2022, polo que xa se poderán beneficiar deste desconto o vindeiro ano se o solicitan con tempo suficiente.

Esta bonificación é posible despois do acordo plenario do 30 de setembro de 2020, que fora presentada polo equipo de goberno e aprobouse por unanimidade dos tres grupos políticos da Corporación. Nesa sesión acordouse modificar o artigo 4 da ordenanza reguladora do IBI.

O único requisito para poder ter dereito a esta rebaixa é que a totalidade das construcións, edificacións ou instalacións para as que se pide a bonificación estean dedicadas, total e exclusivamente, á actividade agraria, gandeira ou forestal.

A solicitude pode descargarse no documento adxunto. Unha vez cuberta deberá presentarse no rexistro do Concello ou a través da sede electrónica de O Pino.

Icon

Instancia para solicitar rebaixa IBI explotacións gandeiras

1 file(s) 255.84 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino aproba o proxecto da depuradora de Arca, cunha inversión de 2,1 millóns íntegra da Xunta
Admitidas todas as persoas que solicitaron praza na Escola de Verán de O Pino »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English