O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

A Rede Cultural da Deputación abre o plazo para a inscricións de espectáculos para o 2019

News

08/01/2019
8 Jan

 

A Deputación da Coruña acaba de abrir a convocatoria do programa da Rede Cultural 2019, que se publicou no BOP do 3 de xaneiro, á que poden concorrer tanto os concellos como entidades ou artistas e compañías que queiran ofrecer os seus espectáculos.

A solicitude e inscrición dos espectáculos que desexen participar nesta campaña deberá de facerse de forma telemática (consultar neste enlace) antes do vindeiro 17 de xaneiro. O prazo para que concellos e entidades soliciten despois os espectáculos que estén inscritos será do 27 de febreiro ao 13 de marzo.

Coa Rede Cultural a Deputación pretende conectar o ámbito municipal cos creadores e creadoras e axudar á existencia dunha boa oferta cultural en todos os concellos, a través do apoio ao financiamento e desenvolvemento de catro programas específicos:

Escena ao vivo: Programación profesional de teatro, monicreques e danza para concellos.

Visións. Programación profesional de cinema e contidos audiovisuais para concellos

Alicerce. Programación de música, danza e teatro non profesional para concellos e entidades.

Lingua ao vivo! Programa de espectáculos profesionais de artes escénicas e música para concellos, especializado en contidos relacionados coa dinamización social da lingua galega.

Se precisas más información consulta este enlace (preme aquí).

Durante o 2018, un dos espectáculos que se representou no Pino dentro do programa da Rede Cultura da Deputación foi a obra ‘Elisa e Marcela’, que representou A Panadaría o 25 de novembro, coincidindo co Día Mundial contra a Violencia de Xénero.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« A comitiva dos Reis Magos percorre mañá todas as parroquias do Pino dende ás 11.00 horas
Aberto o prazo para solicitar axudas da Deputación da Coruña para entidades sen ánimo de lucro »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English