O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

A festa familiar O Papaventos enche de cor e de diversion a área recreativa da Magdalena

News

15/09/2025
15 Sep

Máis dun cento de nenas e nenos, na compaña das súas familias, participaron o sábado nesta celebración organizada polo Concello do Pino || Unha festa holi, obradoiros, xogos e distintos espectáculos fixeron gozar a persoas de todas as idades ||

Foto dalgúns dos participantes na cuarta edición da festa da familia Papaventos, na área recreativa da MadalenaMáis dun cento de nenas e nenos, acompañados das súas familias, participaron este sábado, 13 de setembro na cuarta edición do Papaventos, a festa das familias organizada polo Concello do Pino.

A xornada, celebrada na área recreativa da Magdalena, contou cun completo programa de actividades lúdicas e culturais pensadas para todas as idades. A festa holi, obradoiros nos que os asistentes tiveron a oportunidade de facer papaventos empregando diferentes técnicas ou un bo número de xogos populares e tradicionais fixeron as delicias de peques e maiores.

Ademais, os participantes puideron desfrutar ao longo da tarde dos espectáculos Bambolina, da compañía A Farra Xous e Facendo o indio, da compañía Galitón, antes de que a maxia e a música en directo do Mago Teto e o seu Galerock’N’Magic lle puxese a guinda á xornada.

As familias asistentes, procedentes tanto da contorna como doutros puntos de Galicia, como Santiago ou A Coruña, gozaron dunha xornada de convivencia ao aire libre, marcada pola participación activa e o bo ambiente. Algúns asistentes mesmo se animaron a acudir en formato de romaría, facendo da festa un evento aínda máis especial.

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, tamén estivo presente na celebración e non dubidou en unirse aos xogos, compartindo momentos de diversión coa veciñanza.

Desde o Concello do Pino, queremos agradecer sinceramente a participación de todas as familias que fixeron posible esta xornada. É unha gran satisfacción comprobar que moitas persoas descubriron por primeira vez a área recreativa da Magdalena e expresaron a súa intención de volver para seguir desfrutando deste espazo natural.

Ligazón á galería de fotos en Facebook.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino abre hoxe, 8 de setembro, o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais e nas actividades para persoas adultas e maiores
O Pino adxudica a Espertar Servicios Sociais a axuda no fogar cun orzamento de 660.000 € anuais »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English