O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

A Festa da Familia Papaventos reúne na Madalena a pequenos e maiores nunha tarde de xogos e espectáculos

Cultura· News

14/09/2026
14 Sep

A quinta edición da celebración combinou obradoiros, xogos cooperativos e propostas escénicas para todos os públicos ||

As funcións ‘Flash’, ‘Charlatán Rodríguez’ e ‘Tachán!’ levaron á área recreativa maxia, humor, música, teatro e circo ||

A programación desenvolveuse nunha tarde de sol e cunha constante complicidade entre os artistas e o público ||

A área recreativa da Madalena acolleu este sábado a quinta edición da Festa da Familia Papaventos, unha xornada na que nenas, nenos e persoas adultas compartiron unha tarde de convivencia arredor dos xogos, dos obradoiros e das artes escénicas.

O bo tempo acompañou unha celebración marcada pola participación da cativada e polo ambiente familiar. Desde as 16.00 horas desenvolvéronse diferentes obradoiros e xogos cooperativos que favoreceron a interacción entre as persoas asistentes e o traballo en equipo.

Os espectáculos tiveron un papel destacado nesta quinta edición. Dani García abriu a programación escénica con Flash, unha función de maxia e ilusionismo na que a participación e a complicidade co público estiveron presentes desde o primeiro momento.

 

A tarde continuou con Charlatán Rodríguez, da compañía Rendos Pequeno. A música, a retranca e a comedia acompañaron as ocorrencias deste singular vendedor de remedios, que fixo partícipes da representación a pequenos e maiores.

Inventi Teatro pechou a programación con Tachán!, unha proposta para todos os públicos na que o teatro, o circo e a maxia se mesturaron para contar a historia de dous personaxes decididos a probar sorte no mundo do espectáculo.

A xornada contou coa presenza da concelleira Eva Varela, dos concelleiros Borja Castro e José Manuel Carreira e da técnica de Cultura Ana Vigo, que acompañaron as familias durante a celebración.

A quinta edición da Festa da Familia Papaventos volveu converter a área recreativa da Madalena nun espazo de encontro interxeracional no que compartir xogos, cultura e lecer ao aire libre.

O Concello do Pino agradece a participación das familias, a implicación dos artistas e o traballo de todas as persoas que colaboraron no desenvolvemento da xornada.

A V Festa da Familia Papaventos foi organizada polo Concello do Pino coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino abre as inscricións nas actividades deportivas do curso 2026-2027
O Pino abre as inscricións para as actividades culturais do curso 2026-2027 »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English