
A Deputación da Coruña subvenciona os Servizos Sociais do Concello do Pino no presente ano 2025 cunha axuda de 66.992 euros. A resolución que recolle a concesión definitiva desta subvención publicouse o 27 de marzo de 2025 no Boletín Oficial da Provincia.
O Concello destina a axuda da Deputación a financiar o persoal auxiliar do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de libre concorrencia e ao persoal técnico do departamento de Servizos Sociais do Pino.
A resolución definitiva publicada no BOP pode consultarse premendo nesta ligazón.

