O Concello do Pino recibiu unha subvención de 10.000 euros da Deputación da Coruña para para o mantemento do posto de traballo de técnico/a municipal en animación sociocultural durante o ano 2025.
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou o mércores 15 de xaneiro a resolución definitiva pola cal se concede este importe ao Concello do Pino ao abeiro do Programa FO206 de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2024.
A resolución do BOP pode consultarse nesta ligazón.

