O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

A cativada será a gran protagonista da programación de Nadal no Concello do Pino

News

11/12/2023
11 Dec

As citas comezan o sábado 16 cunha festa na praza do Concello con diferentes obradoiros e xogos // Pechará a xornada ‘O Apalpador conta con vós’, proposta teatral que permitirá achegarse a esta figura mítica da tradición galega // A Casa da Cultura acolle o domingo 17 ‘Os fabulosos cleaners’, un espectáculo de pompas de xabón para toda a familia // Papá Noel visitará os centros educativos o mércores 20 //

Tralo acendido das luces de Nadal o pasado martes 5 de decembro, o Concello do Pino comezará a desenvolver esta vindeira fin de semana unha programación especial con actividades e espectáculos para toda a veciñanza e coa cativada como gran protagonista.

As citas comezarán o sábado 16 de decembro, a partir das 16.30 horas, coa quinta edición da Festa do Nadal. Unha carpa instalada na praza do Concello e que contará cun disparador de confeti será o escenario da celebración dunha gran troula chea de música, divertidos xogos en familia e diferentes obradoiros con temáticas vencelladas a estas festas. Ademais, o alumnado de 4º da ESO do Pino aproveitará a celebración para instalar un posto con  lambetadas, doces e chocolate quente para recadar fondos para a excursión de fin de curso.

E, como peche desta divertida tarde, a cativada poderá desfrutar do espectáculo ‘O Apalpador conta con vós’ para coñecer máis de preto a esta personaxe mítica da tradición galega. Grazas a esta peza de narración oral a cargo de Caxoto Contacontos, as persoas asistentes poderán coñecer cal é a orixe do Apalpador, a que se dedica no seu día a día e os que consellos hai que seguir para que cando nos visite nos deixe unha presada de castañas e algún dos agasallos que el mesmo constrúe.

Ao día seguinte, domingo 17 de decembro, a diversión trasládase á Casa de Cultura. Alí, e e partir das 18.00 horas, Malasombra Producións representará ‘Os fabulosos cleaners’, un espectáculo moi visual con pompas de xabón no que poderá participar toda a familia.

O público gozará con estas máxicas pompas transparentes con fume, con vapor, de todos os tamaños e estáticas ou voando polo escenario, que o transportará por un mundo máxico, cheo de cor e de moito humor.

Visita de Papá Noel

Haberá que agardar ata o mércores 20 para que a cativada desfrute dun dos días máis máxicos coa visita do Papá Noel aos centros educativos do Pino para recoller as cartas dos nenos e nenas da escola infantil A Galiña Azul, da escola unitaria de Gonzar, e do alumnado de Educación Infantil e dos primeiros cursos de Primaria do CPI Camiño de Santiago.

Concerto e exposición

A programación de Nadal inclúe tamén o sábado 30 de decembro o tradicional Concerto de Nadal a cargo da Banda Municipal de Arca. A cita está fixada para as 19.00 horas.

Así mesmo, e durante toda a segunda quincena de decembro, a Casa da Cultura acollerá a exposición ‘Bailarinas’, unha selección de acuarelas de Cristina Corral Vázquez. A mostra estará aberta entre as 10.30 a as 17.30 horas de luns a venres.

Nadal benéfico

Como cada ano por estas datas, o Concello do Pino organiza unha recollida de alimentos e produtos de hixiene e limpeza para repartir entre as persoas que máis o necesiten no municipio. As doazóns poden depositarse ata o 31 de xaneiro no centro sociocultural Luis Seoane e os supermercados Dia, Eroski e Onda.

Todas a persoas que queiran colaborar poderán facelo con alimentos non perecedoiros como latas de atún, sardiñas, mexillóns, millo, cogomelos, melocotóns…; botes de alcachofas, espárragos, xudías, chícharos, fabas, garavanzos, lentellas, pementos, grelos, acelgas…; tarros de paté, marmeladas, mel…; papas para bebés; azucre, café, cereais, galletas, cacao, leite en pó, leite condensado…; sobres de froitos secos ou deshidratados; sal, vinagre, aceite, especias; fariña, pasta, arroz, legumes, cuscús; sopa en sobres, purés…; envases de leite e zumes.

Tamén poden aportar produtos de limpeza e hixiene persoal, tales como lixivia, xabón para a louza, deterxente, limpador do chan…; pasta dentrífica, cepillos de dentes, xel de baño, champú, pastillas de xabón, desodorantes, locións, coitelas de afeitar…; papel hixiénico, papel de cociña, panos de papel, compresas, tampóns, cueiros…

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O CPI Camiño de Santiago logra cinco podios na fase zonal de cros escolar celebrado na Madalena
Sorteo público para adxudicar as prazas da Campaña da Neve 2024 »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English