O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / A cativada gozou en Arca coa Festa de Nadal e quedou engaiolada co Apalpador e a nena sen medo

A cativada gozou en Arca coa Festa de Nadal e quedou engaiolada co Apalpador e a nena sen medo

Novas

12-12-2021
12 Dec

Unha gran maioría dos pequenos animaron a facer canóns de confetti e tamén pompóns de la  ||  

Pequenos e maiores seguiron atentos o espectáculo de títeres mentres degustaban flocos de millo  ||  

Festa de Nadal en O Pino 2021

A primeira xornada da Festa de Nadal do Pino resultou todo un éxito onte na praza do Concello, ata onde se achegaron varias ducias de nenos e nenas para gozar cos xogos tradicionais, aprender a facer canóns de confetti e tamén pompóns de la ou múltiples figuras con globos. O espectáculo de títeres xuntou a pequenos e maiores dende as sete e media do serán.

Festa de Nadal en O Pino 2021

Dende primeira hora da tarde, a carpa instalada polo Concello foi atraendo a nenos e nenas para descubrir algúns xogos tradicionais que descoñecían. Se a primeira hora, a maioría se puxo a facer canóns de confetti, pouco a pouco moitas nenas, nenos e maiores acercáronse a Eva Varela para facer cada quen o seu propio pompón de la, de vistas cores e tamaños, mentres outros se poñían a pintar ou a facer globos con diferentes formas.

Houbo tamén que aproveitou que estaba na carpa a caixa de correos para mandarlle a súa carta a Papá Noel, para que non se esqueza de traer os regalos dentro duns días.

Festa de Nadal en O Pino 2021

Mentres os seus pais e nais conversaban no exterior da carpa foi pasando a tarde, ata que as sete e media do serán a compañía A Xanela do Maxín comezaba a representación do espectáculo de títeres O apalpador e a nena sen medo, que lle foi cantando a un público que non perdía detalle a lenda desta figura típica do nadal galego. Ollos abertos e cara de sorpresa en moitas caras, mentres todos degustaban os flocos de millo que lles ofrecía o concello.

Así transcorreu a primeira xornada da Festa de Nadal no Pino, que continúa hoxe a partir das catro da tarde con máis xogos tradicionais, un obradoiro para aprender a adornar a árbore de Nadal e, para aquelas persoas inscritas, participar no obradoiro de macramé.

O prato forte chegará despois das sete da tarde, co concerto de panxoliñas e o acendido das luces de Nadal que adornan a árbore da praza do Concello.

Máis fotos na páxina de Facebook do Concello do Pino (neste enlace)

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Manoele de Felisa levou onte ata O Pino o seu ‘Cancioneiro do Camiño’
O Pino pediralle ao Ministerio de Fomento que execute melloras na N-547 na travesía de Arca »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English