O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / A cativada de 3 a 12 anos pode participar no programa de conciliación Lecer Nadal 2019

A cativada de 3 a 12 anos pode participar no programa de conciliación Lecer Nadal 2019

Novas

17-12-2019
17 Dec

Os departamentos de deportes e servicios sociais do Concello de O Pino organizan un ano máis o programa Lecer Nadal, co que se pretenden facilitar a conciliación familiar nas datas máis complicadas do Nadal, así como conseguir que a cativada o pase en grande. Deste xeito, poderán participar os/as veciños/as de 3 a 12 anos que formalicen a inscrición na Casa Consistorial ata o 19 de decembro.

O servizo desenvolverase os días días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro e o 2, 3, 7 de xaneiro do 2020 no CPI Camiño de Santiago, ubicado na localidade de Arca-Pedrouzo, nun horario de 8.30 a 14.30 horas. Os nenos e nenas terán que ser recollido entre as 13.30 e as 14.00 horas.

Lecer Nadal está dirixido á rapazada de O Pino e arrededores, polo que poderán participar sen estar empadroados, aínda que o prezo varía en función desta condición. Os nenos e nenas empadroadas contarán cunha subvención do 50% do custo total, pagando soamente 20€, mentres que os que non o estean, terán que aboar 40€ ao realizar a inscrición. Ademais as familias numerosas gozarán a maiores dun desconto dun 20%  partir do/a segundo/a fillo/a.

A petición de admisión no servizo realizaranse cubrindo a ficha de inscrición e aportando a documentación que se require en dita solicitude que poderán recoller nas dependencias do Concello de O Pino e nos arquivos adxuntos a esta páxina.

O prazo de inscrición será ata o 19 de decembro do 2019.

Icon

Bases_Ficha_Inscricion_Lecer_Nadal_2019

1 file(s) 667.11 KB
Download

 

Tweet
Share34
Share
Pin
34 Shares
« O Pino investirá 130.000 euros en arranxar a saída da A-54 cara Touro e estuda demandar a Fomento
O Instituto de Maiores e Servizos Sociais convoca prazas para pensionistas que desexen participar no Programa de Termalismo »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English