O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / A ‘Andaina pola igualdade’ protagoniza o Día Internacional da Muller en O Pino

A ‘Andaina pola igualdade’ protagoniza o Día Internacional da Muller en O Pino

Novas

08-03-2020
8 Mar

O Concello de O Pino celebrou hoxe o Día Internacional da Muller cunha ‘Andaina pola igualdade’ na que participou unha vintena de persoas, que fixeron a pé un tramo do Camiño de Santiago, dende o albergue Ponte de Ferreiros ata Pedrouzo, onde o alcalde leu un manifesto.

A través desta ‘Andaina polo igualdade’, unha iniciativa que conta coa colaboración do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade e que pretende axudar a erradicar esta lacra social, o Concello de O Pino amosa o seu compromiso coa igualdade, os dereitos fundamentais e a liberdade.

Por iso, no Día Internacional da Muller, o Concello comprometeuse a seguir impulsando políticas de igualdade desde o eido local, a contemplar as realidades específicas das mulleres na contorna, así como a facer visibles cada unha das desigualdades vixentes.

Do mesmo xeito, o Concello quere facer fincapé na educación en valores de igualdade de xénero, de solidariedade, así como ensinar o respecto ás persoas desde idades temperás para a construción dunha sociedade responsable e comprometida, unha sociedade que mostre o rexeitamento ante actitudes machistas que dificultan a consecución da igualdade real.

A ONU declarou en 1975 o 8 de marzo como o Día Internacional da Muller. Segundo indicou o alcalde na lectura do manifesto, a de hoxe é unha data reivindicativa coa que se fai visible a necesidade de seguir a reclamar aspectos básicos como a erradicación de violencias machistas, a igualdade salarial, a universalización dos coidados, etc. Unha data para por de manifesto que a equidade entre os xéneros é unha cuestión de interese público que engloba a toda a humanidade.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino incrementa en 6.000 horas o servizo de axuda no fogar e contará con Atención Temperá
O Concello do Pino suspende as actividades deportivas e socioculturais municipais »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English