Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

Dolores Botana Gil e a ANPA da Galiña Azul gañan o I Concurso de Decoración do Nadal

Novas

03/01/2025
3 Xan

Houbo 9 participantes na categoría familiar e outros 8 na colectiva  ||  

O xurado concedeulle o segundo e terceiro premio as decoracións de Beatriz Pazos e Dalia Pérez  ||  

O restaurante O Acivro e a tenda El armario de Alma son os outros premiados entre os colectivos  ||  

A decoración da casa de Dolores Botana Gil e a composición que realizou a ANPA da Galiza Azul de Arca diante a escola infantil foron os elixidos polo xurado como gañadores do I Concurso de Decoracións do Nadal que organizou o Concello do Pino e ao que se presentaron 17 concursantes entre as categoría individual e colectiva. O concello repartiu 1.200 euros en premios.

O Concello do Pino organizou este concurso coa finalidade de fomentar a creatividade e a participación activa da veciñanza para colaborar na creación dun ambiente decorativo especial e acolledor para as festas, e contribuír ao aforro económico ao redor de materiais reciclabeis.

Decoración de Dolores Botana Gil

 

Nove persoas participaron na categoría familiar. O xurado destacou para concederlle o primeiro premio que a decoración de María Dolores Botana Gil amosa unha gran variedade de materiais empregados de maneira efectiva e con un uso de cores harmonioso e equilibrado. O premio que recibirá é de 300 euros

O segundo e terceiro posto nesta categoría foron para Beatriz Pazos Tojo (200 euros) e para Dalia Pérez Iglesias (100 euros).

Na categoría colectiva houbo oito concursantes. A gañadora foi a composición realizada pola ANPA da Galiña Azul de O Pino dirante da propia escola infantil na praza de Forcarei. O xurado destacou que a decoración emprega técnicas creativas e que se trata dunha proposta orixinal e ben organizada. A ANPA recibirá os 300 euros do primeiro premio

O restaurante O Acivro obtivo o segundo premio desta categoría (200 euros) e a tenda El armado de Alma o terceiro, dotado con 100 euros.

O xurado estivo formado polo alcalde, como presidente, o enxeñeiro técnico industrial Pablo Rojo; o escultor e pintor Cándido Pazos; o técnico de deportes do concello do Pino e un auxiliar administrativo.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino recibe a Melchor, Gaspar e Baltasar cunha ampla programación e o debut do Festival Sons de Reis
Os Reis Magos enchen de ilusión o pavillón de Arca, onde os agardaron centos de menores »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés