O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Divertida tarde de Nadal para os máis novos con xogos, chocolatada e sorpresa o sábado día 22

Divertida tarde de Nadal para os máis novos con xogos, chocolatada e sorpresa o sábado día 22

Novas

15-12-2018
15 Dec

Nenas e nenas gozando nos inchables no polideportivo de Reboredo en Janeiro de 2018

 

O Concello de O Pino continúa coa programación do Nadal Benéfico con moitas actividades para público de todas as idades cunha divertida tarde de Nadal o vindeiro 22 de decembro.

A partir das 16.30 horas, no polideportivo municipal de Reboredo, organizaranse xogos e actividades para os máis pequerrechos, como xogos con paracaídas, carreiras, batalla de globos ou un obradoiro de maquillaxe.

Ás sete da tarde, os participantes poderán degustar, na casa de cultura, unha excelente chocolatada. Para pechar esta tarde tan especial, está preparado unha actividade sorpresa.

Para participar nestas actividades, que son gratuítas, é necesario apuntarse antes do mércores, 19 de decembro. Podes inscribirte cubrindo o formulario que atoparás ao final desta nova ou que atoparás neste enlace, na sección de formularios.

O último sábado do ano, 29 de decembro, a Banda de Música de Arca ofrecerá o xa tradicional concerto de Nadal, e o 5 de xaneiro celebrarase a Cabalgata de Reis, na que os magos de Oriente percorrerán todas as parroquias do Concello antes de falar cos máis pequenos no polideportivo de Reboredo.

Nadal Benéfico

E todos aquelas persoas que durante estas datas se acheguen ata a casa de cultura poden participar tamén na quinta edición do Nadal Benéfico que, coma todos os anos, organiza o Concello para recoller produtos de primeira necesidade que, durante o resto do ano, se reparten entre as familias con menos recursos. No centro sociocultural Luis Seoane poderán depositarse alimentos non perecedoiros, produtos de limpeza ou de hixiene persoal. O Concello manterá a recollida ata o sábado 1 de febreiro de 2019, polo que todas as persoas que queiran colaboran teñen mes e medio para facelo. A partir de febreiro, e durante o resto do ano, estes produtos iranse distribuíndo entre as familias do municipio con menos recursos.

Icon

Tarde de Nadal. Inscrición para participar nas actividades do sábado 22-12-2018

1 file(s) 89.12 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O publico de O Pino escacha a risas coas ‘Urxencias’ do Club de Maiores de Boqueixón
Nenas e nenos de 3 a 12 anos poden participar no Lecer Nadal durante as vacacións escolares »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés