O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Dezaséis equipos no III Torneo Fútbol 7 Concello de O Pino benxamín e alevín esta fin de semana

Dezaséis equipos no III Torneo Fútbol 7 Concello de O Pino benxamín e alevín esta fin de semana

Novas

11-09-2018
11 Set
O campo municipal de Reboredo, en Arca, será o escenario esta fin de semana do III Torneo Fútbol 7 Concello de O Pino benxamín e alevín, que congregará a dezaseis equipos, oito en cada unha das categorías. Organizado polo Concello de O Pino, a Federación Galega de Fútbol e Onosofutbol.com, nesta edición do torneo participan os clubes SD O Pino, Bertamiráns, Ural, Orillamar, Xuventude Oroxo, Conxo (con 2 equipos en cada categoría) e o Victoria.
O torneo comezará o sábado, día 15 ás 10.00 horas, coa fase de grupos da categoría alevín. Os oito equipo distribuíronse en dous grupos, que xogarán todos contra todos en partidos de 24 minutos (dous tempos de 12 minutos). Os cuartos de final disputaranse a partir das catro da tarde e a final está prevista para ás 19.15 horas, con ceremonia de entrega de premios ás 20.15.
O Victoria CF acode esta ano disposto a revalidar o título de campión que conseguiu o ano pasado. Unha vez efectuado os emparellamentos, nos primeiros encontros desta categoría enfrontaranse:
  • Grupo A: O Pino-Conxo B e Orillamar-Xuventude Oroso
  • Grupo B: Conxo A-Ural e Victoria-Bertamiráns.
Na categoría benxamín, os encontros disputaranse o domingo, día 16, coa fase de grupos tamén a partir das 10.00 horas. Os cuartos de final empezarán ás 16.00 horas e a gran final ás 19.15 horas, coa entrega de premios ás 20.15. Tamén nesta categoría, o Victoria acudirá disposto a revalidar o título de vencedor do ano pasado.
Nos primeiros partidos da fase de grupos (na que xogarán tamén todos contra todos) medirán as súas forzas:
  • Grupo A: O Pino-Victoria e Ural-Xuventude Oroso
  • Grupo B: Conxo A-Orillamar e Conxo B-Bertamiráns.
O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol da Federación Galega é o encargado de asignar os árbitros que dirixirán estes encontros.
Na organización deste torneo, que o ano pasado reuniu a máis de mil persoas vendo algún dos partidos, colaboran a SD O Pino, O Noso Deporte e Eurofruit.
Podes consultar os horarios e calendario do torneo nos arquivos adxuntos, segundo a categoría.
Icon

Categoría Alevín. Torneo Fútbol 7 Concello O Pino 2018

1 file(s) 111.72 KB
Download
Icon

Categoría Benxamín. Torneo Fútbol 7 Concello O Pino 2018

1 file(s) 114.87 KB
Download

Un dos equipos da SD O Pino que participou no torneo do ano 2017

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Aberta a preinscrición do Inglés Lúdico para alumnado de Infantil, Primaria e ESO
Ximnasia por parroquia para maiores de O Pino a partir do 2 de outubro »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés