O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Declaración institucional do Concello de O Pino en apoio do acceso da poboación aos servizos financeiros

Declaración institucional do Concello de O Pino en apoio do acceso da poboación aos servizos financeiros

Novas

29-09-2021
29 Set

A Corporación do Concello de O Pino, na sesión plenaria ordinaria celebrada o 29 de setembro de 2021, aprobou por unanimidade a declaración institucional en Apoio do acceso da poboación aos servizos financeiros (expediente 869/2021), que di literalmente:

Nos últimos anos, as entidades financeiras están priorizando o uso das novas tecnoloxías para a realización da maioría dos trámites bancarios. Aínda que a banca electrónica aporta vantaxes de inmediatez e accesibilidade, unha implantación precipitada dificulta o acceso a servizos financieros básicos naqueles lugares onde a dixitalización aínda non se desenvolveu na súa plenitude ou naquelas persoas que teñen un menor desempeño nas novas tecnoloxías, con especial incidencia na poboación envellecida e que vive soa. Así todas as administracións públicas (estatal, autonómica e local), en colaboración coas entidades financeiras que operan en Galicia, debemos garantir que toda a poboación galega, con independencia do seu lugar de residencia e da súa idade, teña acceso aos servizos bancarios e financeiros, prestando especial atención ao ámbito rural e a poboación envellecida.

O feche de oficinas no rural, non só deixa sen un servizo básico a miles de persoas e a tódalas empresas que se atopen no noso concello, senón que, ademáis, obriga a todo o mundo a desprazarse a outras poboacións onde poder facer as súas xestións bancarias. Isto favorece a que se movilice a economía das poboacións onde os veciños vaian facer as súas xestións, e non a do noso concello. O feche de oficinas bancarias en pequenos concellos coma o noso, vai na contra das políticas de recuperación do rural e de igualdade de oportunidades para as localidades máis pequenas que a sociedade reclama na actualidade. Cantos menos servizos teña o rural, menos atractivo será e atraerá menos poboación, polo que o futuro plantéxase moi incerto.

Existe polo tanto, un verdadeiro risco de que os habitantes dos pequenos núcleos de poboación sufran exclusión financeira territorial ou xeográfica, o que lles obrigaría a desprazarse até núcleos máis grandes para facer xestiones tan rutinarias como dispor de diñeiro en efectivo, abrir unha conta corrente ou renovar unha tarxeta. Situación que se agrava coa nosa estrutura demográfica, marcada pola dispersión e o avellentamento, así faise especialmente grave a situación no caso das persoas maiores, privándoas dos seus dereitos e limitando seriamente as súas capacidades económicas, máxime cando é practicamente obrigatorio ter unha conta bancaria pero despois non se presta un servizo presencial.

Retirados os fondos municipais do Concello do Pino da entidade bancaria do Sabadell en contestación ao peche das súas oficinas e en solidaridade manifesta ca cidadanía, todos os concelleiros do Pino, conscientes da problemática existente asumen por unanimidade o compromiso firme:

  1. De instar ao goberno estatal e autonómico, en coordinación coas administracións locais, a posta en marcha dun plan estatal e autonómico contra a exclusión financeira, con medidas que garantan o acceso de toda a poboación aos servizos financeiros, con especial atención a xente maior. Entre estas medidas estaría a de impulsar unha normativa que regule a atención personalizada para a realización de servizos financeiros básicos ou esenciais e a un prezo asequible, así como convenios de colaboración coas entidades financeiras que operan en Galicia, en atención a medidas que faciliten o acceso da poboación aos servizos financeiros, tales como a instalación de caixeiros multientidades e programas de formación en banca electrónica.
  2. En aras á protección debida as nosos veciños, o concello do Pino comprométese a ceder espazos municipais para facilitar, en colaboración coas entidades financeiras, a prestación de servizos financeiros, a través da instalación de caixeiros, promovendo a atención presencial dos veciños e colaborando en programas de formación financeira e banca electrónica.

Asinado polos roceiros do Grupo Municipal do PP, do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE e do Grupo Municipal do BNG.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Aberta a inscrición nas escolas deportivas, que comezarán ás 15.30 horas, e para as actividades deportivas de adultos e ximnasia por parroquias
O Pino retira os fondos do Banco Sabadell en resposta ao peche da oficina de Arca »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés