O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Curso de actividades auxiliares en agricultura en Touro

Curso de actividades auxiliares en agricultura en Touro

Novas

27-01-2016
27 Xan

Este curso está enmarcado dentro do programa RedeXiana2 da Deputación da Coruña no que O Concello de O Pino está integrado. Realizárase no Concello de Touro de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, cunha duración total de 570 horas, das cales 330 son teóricas + 40 de orientación laboral e 200 de prácticas en empresas. O curso comezará no mes de febreiro (data por concretar)

Trátase dunha acción convenidada coa Xunta de Galicia a través da cal as persoas que rematen axeitadamente a fomración terán acceso ao certificado de profesionalidade correspondente ao Nivel 1 de cualificación.

Os contidos do curso son;

  • Realizar operacións auxiliares para a preparación do terreo, sembra e plantación de cultivos agrícolas.
  • Realizar operacións auxiliares para o rego, abonado e aplicación de tratamentos en cultivos agrícolas.
  • Realizar operacións auxiliares nos coidados culturais e de recolección de cultivos e no mantemento das instalacións en explotacións agrícolas.

Ás persoas interesadas en participar esixiráselle o certificado de escolaridade ou equivalente.

O prazo de inscrición remata o luns 15 de febreiro. As persoas interesadas deberán aportar os seguintes documentos:

  1. Fotocopia de DNI ou do NIE no seu caso.
  2. Fotocopia da tarxeta de demandante de emprego debidamente actualizada.
  3. Certificado ou volante de empadroamento no Concello de O Pino.
  4. Informe de Vida Laboral actualizado (emitido no mes no que se realiza a inscrición).
  5. Copia compulsada da titulación mínima requerida que lle da acceso á formación

A maiores da documentación mencionada, as persoas que se atopen ou posúan algunha situación especial deberán acreditar tal situación mediante a presentación de documentación adicional seguinte:

  • Inmigrante non comunitario: Tarxeta de residencia vixente con autorización para traballar.
  • Emigrante retornado/a: Baixa consular vixente (2 anos dende a súa emisión), expedida pola Oficina Consular española na que estivese inscrito/a
  • Minoría étnica: Informe de Servizos Sociais Municipais.
  • Discapacitado/a: Certificado de Minusvalía debidamente actualizado, expedido polo órgano competente.
  • Responsable de persoas dependentes: Informe de Servizos Sociais Municipais e Certificado de Convivencia
  • Problematicas socio- familiares: Informe de Servizos Sociais Municipais
  • Persoa que volve ao mercado laboral: Informe de Vida Laboral e Informe dos Servizos Sociais Municipais
  • Perceptor/a RISGA: Resolución de concesión da axuda.
  • Primeiro Emprego: Informe de Vida Laboral.

Para realizar a inscrición deberán dirixirse á Oficina de Desenvolvemento Local.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« XVIII Concurso de disfraces de entroido do concello de O Pino
Prestación económica por fillos a cargo menores de 3 anos »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego