A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou a resolución pola que se convocan as probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación (DOG núm. 49 do 11 de marzo de 2016).
- Solicitude de inscrición (Anexo I).
- Fotocopia do DNI ou número de identificación de estranxeiro (NIE), só no caso de non autorizar a consulta dos datos de identidade.
- Certificado do grao de discapacidade, só no caso de non autorizar a súa consulta.
- Competencias clave de nivel 2: 21 de maio de 2016 ás 09:00 horas.
- Competencias clave de nivel 3: 21 de maio de 2016 ás 15:30 horas.
