O Pino

+34 981 511 002correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home /Novas / Convenio de concellos da área de Santiago para a súa promoción

Convenio de concellos da área de Santiago para a súa promoción

Novas

08-09-2014
8Set

Os 16 concellos de Área Santiago asinan un

convenio para a súa promoción turística conxunta

  • Área Santiago ten o obxectivo de promocionar dun modo conxunto os atractivos e recursos dos concellos da área de influencia de Santiago.
  • Os 16 concellos de Área Santiago, doce de A Coruña e catro de Pontevedra, suman unha poboación de máis de 200.000 persoas.

O Pazo de Raxoi acolleu o acto de sinatura dun convenio para a promoción turística conxunta dos concellos de Área Santiago. No acto participaron alcaldes e concelleiros dos 16 concellos do grupo: A Estrada, Arzúa, Boqueixón, Lalín, Melide, Padrón, Oroso, O Pino, Rois, Santiago de Compostela, Silleda, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vila de Cruces, que suman máis de 200.000 habitantes. Tamén participou o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, que comprometeu o apoio da institución aos proxectos que xurdan do Grupo.

Agustín Hernández destacou que coa sinatura deste convenio “culmina un traballo intenso e iníciase una nova etapa de cooperación e de colaboración institucional”. Neste sentido, referiuse á unión dos concellos como o mellor instrumento para “aproveitar mellor as nosas posibilidades e crear un destino turístico único, cunha oferta ampla e diversa, que sume para o ben común o mellor de cada un dos nosos concellos”.

Repasou o traballo realizado ao longo de 18 meses, en torno a un plan de acción con catro obxectivos: ampliar e mellorar a información turística dos 16 concellos; crear produtos que posicionen a Área Santiago como destino; aumentar o valor engadido da oferta turística existente; e incrementar o número de pernoctacións nos nosos concellos. Deste traballo xurdiron xa accións un mapa turístico da zona, unha web dos 16 concellos, unha campaña promocional no verán do 2013, a presentación do grupo en Fitur deste ano ou a organización dun concurso fotográfico neste verán.

O alcalde insistiu no compromiso co traballo conxunto e de colaboración plasmado neste convenio, convencido de que “esta experiencia vai ser moi beneficiosa para todos e confío en que sirva de espello para outras moitas facetas, do moito que se pode conseguir por esta vía”. “Este convenio fortalece a suma de esforzos, a confianza e a aposta polo traballo conxunto que só pode comportar beneficios para os 16 concellos e seguro que tamén para o resto de Galicia”, engadiu.

Área Santiago abarca o sur da provincia de A Coruña e o norte da de Pontevedra. É unha zona definida polo río Tambre e os seus afluentes, polo norte, e o sistema fluvial Ulla-Deza, polo sur, que son dúas das principais concas fluviais de Galicia, tanto polo seu caudal como pola súa riqueza faunística, florística, paisaxística e cultural.

Área Santiago nace como un destino turístico que conta con múltiples atractivos, destacando a gastronomía, o Camiño de Santiago, a natureza e o patrimonio cultural e arquitectónico. Ademais, o grupo conta cunha ampla e diversa oferta de aloxamento, na que se combina a oferta urbana de Santiago e a de turismo rural dos Concellos veciños.

O grupo Área Santiago comezou a súa andaina en marzo do 2013 cando, a proposta do Concello de Santiago, se reuniron varios concellos da área de influencia da capital de Galicia para estudar as posibilidades de promoción turística conxunta. En maio dese mesmo ano, tras varias reunións de intercambio de opinións, os concellos asinaron un protocolo de colaboración no ámbito turístico.

A sinatura do protocolo de colaboración permitiu que Área Santiago deseñase e desenvolvese un programa de accións conxuntas para o período 2013-2014, entre as que destacan: unha campaña de promoción do grupo no verán do 2013; a elaboración dunha web propia, con aplicacións móbiles e contas nas redes sociais; a elaboración dun mapa cos principais recursos e atractivos turísticos dos diferentes concellos; a presentación do grupo en Fitur; ou a organización dun concurso fotográfico en redes sociais neste verán.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Actuación de Panamesiana Teatro
Área Santiago amosará a súa riqueza gastronómica no festival da cociña galega »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

Política de cookies
A nosa web utiliza cookies propias e de terceiros para fins estritamente funcionais, permitindo a navegación na web, así como para fins analíticos, para optimizar a web. Para administrar ou deshabilitar estas cookies faga click en Configuración de Cookies. Pode obter máis información na nosa Política de Cookies. Pulse o botón Aceptar Cookies para confirmar que leu e aceptou a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos mostrarlle esta mensaxe, excepto no caso de que borre as cookies do seu dispositivo.
Configurar / RexeitarAcepto
Política de cookies

Política de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para millorar a sua experiencia mentres navega polo sitio web. De estas cookies, as que categorízanse como necesarias almacénanse no seu navegador xa que son imprescindibles para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender cómo utiliza o sitio web. Estas cookies amacenaránse no seu navegador so co seu consentimento. Vostede tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Nembargantes, o feito de optar por non utilizar algunhas destas cookies pode ter un efecto na sua experiencia de navegación.
Necesarias
Always Enabled

As cookies necesarias son absolutamente imprescindibles para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría so inclue cookies que garantizan as funcionalidades básicas e as características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.

Non-necesarias

Calquera cookie que non sexa particularmente necesaria para o funcionamento do sitio web e que se utilice específicamente para recopilar datos persoais do usuario a través da análise, anuncios ou otros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de utilizar estas cookies no seu sitio web.

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego