Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

‘Conciliamos Viaxando coa Cativada’ pecha con éxito a súa segunda edición

Novas

04/09/2025
4 Set

O programa gratuíto permitiu que a cativada do Pino desfrutase de cinco xornadas educativas e recreativas en distintos destinos de Galicia ||

A segunda edición de Conciliamos Viaxando coa Cativada, organizada polo Concello do Pino a través da Concellería de Muller e Benestar Social, pechouse este xoves 4 de setembro cun rotundo éxito entre a cativada e as súas familias. Este programa de ocio educativo e conciliación familiar, que regresaba tras o éxito da primeira convocatoria, ofreceu durante cinco xornadas gratuítas aos nenos e nenas de entre 6 e 12 anos experiencias lúdicas, educativas e ao aire libre nos meses de agosto e setembro.

Ao longo das cinco excursións, que se celebraron os martes e xoves, a rapazada do Concello do Pino tivo a oportunidade de:

  • Descubrir a maxia e a natureza na Aldea Grobit en O Grove.
  • Mergullarse no mundo dos monicreques e xoguetes no Museo Galego da Marioneta e dos Xoguetes no Pazo de Liñares, en Lalín.
  • Ampliar coñecementos científicos e culturais no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt) e gozar da contorna natural da Torre de Hércules, na Coruña.
  • Aprender sobre a relación histórica de Galicia co mar e os ecosistemas mariños no Museo do Mar de Galicia, en Vigo.
  • Coñecer a vida salvaxe no Parque Marcelle (Lugo), pechando a actividade cunha xornada educativa e divertida que quedará na memoria de todos os participantes.

Cada saída contou cun máximo de cincuenta prazas, priorizando as familias empadroadas no Concello e as participantes noutros programas de conciliación municipais, co obxectivo de que o maior número posible de menores puidese gozar desta experiencia. Todas as excursións foron de balde, sen ningún custo para as familias, reforzando así o compromiso do Concello do Pino por ofrecer alternativas de conciliación real e ocio educativo durante o verán.

A iniciativa, financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade dentro do Plan Corresponsables, é unha aposta firme do Concello do Pino pola conciliación das familias e por ofrecer experiencias enriquecedoras aos máis pequenos, promovendo á vez valores de convivencia, aprendizaxe e respecto pola natureza.

 

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino celebra o domingo 21 a XX Carreira Popular con saída e meta na praza de Forcarei
O Pino clausura os programas de conciliación do verán cunha festa chea de diversión e creatividade »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés