O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Coidados porta a Porta volve en febreiro ao Pino con servizos de estimulación, podoloxía e audioloxía

Coidados porta a Porta volve en febreiro ao Pino con servizos de estimulación, podoloxía e audioloxía

Novas

18-01-2023
18 Xan
  • Unha unidade móbil instalarase diante do centro de saúde os días 8,9 e 10 de febreiro //

  • É preciso solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992 //

  • Haberá unha charla sobre podoloxía o 8 de febreiro, na Casa da Cultura //

Coidados porta a porta, o programa da Xunta de Galicia que presta atención ás persoas maiores de 55 anos do rural co fin de previr a dependencia, prestará os seus servizos en Rois o vindeiro mes de febreiro. Unha unidade móbil estacionará diante do centro de saúde os días 8, 9 e 10 de febreiro.

O programa ofertará novamente tres tipos de servizos: estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía. Ademais, desta volta, impartirase tamén unha charla sobre podoloxía. Será o mércores 8 de febreiro, ás 13.00 horas, na Casa da Cultura.

Para poder gozar destes servizos, as persoas maiores de 55 anos que estean interesadas deberán concertar cita previa chamando aos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992. Tamén poderán concertar cita e o/ou obter máis información no enderezo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

Lembrar que a actuación no ámbito da estimulación da memoria busca retrasar e aminorar o proceso de deterioro cognitivo e céntrase nos ámbitos cognitivo e funcional vencellándoos a hábitos de vida saudables e da promoción do envellecemento activo como xeito de evitar a dependencia.

No servizo de podoloxía, os profesionais valorarán o estado xeral do pé das persoas usuarias, ademais de cortarlles as unllas e eliminar as durezas, calosidades e helomas. E, as persoas maiores tamén poderán someterse a unha exploración gratuíta do oído para comparar os seus niveis de audición e frear a perda auditiva.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Os Reis Magos empezaron en Pereira o seu percorrido polas parroquias de O Pino
O Pino suspende o proceso de licitación do SAF ata que o tribunal falle o recurso presentado »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego