O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Coidados porta a Porta volve ao Pino os días 4, 5, 6 e 7 de setembro

Coidados porta a Porta volve ao Pino os días 4, 5, 6 e 7 de setembro

Novas

30-08-2023
30 Ago

A unidade móbil instalarase diante do centro de saúde e ofrecerá servizos de estimulación, podoloxía e audioloxía ||

É preciso solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992 ||

Haberá unha charla sobre audioloxía o martes 5 de setembro na Casa da Cultura ||

Coidados porta a porta, o programa da Xunta de Galicia que presta atención ás persoas maiores de 55 anos do rural co fin de previr a dependencia, prestará os seus servizos no Pino en setembro. Unha unidade móbil estacionará diante do centro de saúde os días 4, 5, 6 e 7 deste mes en horario de 9.00 a 20.00 horas.

O programa ofertará novamente tres tipos de servizos: estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía.

Nesta ocasión impartirase unha charla sobre audioloxía. Será o martes 5 de setembro, ás 19.00 horas, na Casa da Cultura.

Para poder gozar destes servizos, as persoas maiores de 55 anos que estean interesadas deberán concertar cita previa chamando aos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992. Tamén poderán concertar cita e o/ou obter máis información no enderezo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

Cabe subliñar que a actuación no ámbito da estimulación da memoria ten como obxectivo previr e minorar o proceso de deterioro cognitivo en persoas maiores mediante procesos de activación cognitiva e funcional e coa promoción do envellecemento activo.

No servizo de podoloxía, os profesionais ofrecen dende unha consulta básica á limpeza de unllas, eliminación de durezas, calosidades e helomas así como unha valoración do estado xeral do pé.

As persoas maiores tamén poderán someterse a unha exploración gratuíta do oído para frear a perda auditiva.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Concesión definitiva das subvencións para asociacións veciñais, culturais, deportivas e do patrimonio
A Carreira Popular do Pino celebra a súa maioría de idade o día 24 con saída e meta na praza de Forcarei »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés