O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Sin categorizar / Coidados porta a porta chega ao Pino a finais de setembro

Coidados porta a porta chega ao Pino a finais de setembro

Sin categorizar

13-09-2022
13 Set

 

  • A iniciativa da Xunta prestará servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria
  • O servizo estará no municipio os días 28, 29 e 30 de setembro

Coidados porta a porta, programa da Xunta de Galicia dirixido ás persoas maiores do rural coa fin de previr a dependencia, chegará ao Pino a finais de setembro. Unha unidade móbil estará situada entre a casa de cultura e o centro médico de Arca o mércores 28, o xoves 29 e o venres 30 de setembro para atender ás persoas maiores de 55 anos que o desexen e facilitarlles coidados de podoloxía e audioloxía, ademais de desenvolver exercicios de estimulación da memoria.  Así mesmo, co fin de informar sobre os servizos ofrecidos adecuadamente, o día 28 de setembro ás 11.00 horas se realizará unha charla informativa na casa da cultura.

Coidados porta a porta percorre os concellos do rural galego para achegarse ás persoas maiores na súa contorna e ofrecerlles tres tipos de servizos: estimulación da memoria, podoloxía e audoloxía. A actuación no ámbito da estimulación da memoria busca retrasar e aminorar o proceso de deterioro cognitivo e céntrase nos ámbitos cognitivo e funcional vencellándoos a hábitos de vida saudables e a promoción do envellecemento activo como xeito de evitar a dependencia.

No servizo de podoloxía, os profesionais valorarán o estado xeral do pé das persoas usuarias, ademais de cortarlles e limparlles as unllas e eliminar durezas, calosidades e helomas. Por último, os maiores poderán someterse a unha exploración gratuíta do oído para comprar os seus niveis de audición e frear a perda auditiva.

Para poder gozar destes servizos, as persoas interesadas deberán concertar cita previa chamando aos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992. Tamén se pode obter máis información no enderezo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Ábrese a inscrición en ximnasia por parroquias e nas actividades deportivas municipais para escolares e adultos
O Pino celebra este sábado na Magdalena a primeira festa da familia con xogos e espectáculos »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego