O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Cociña, manualidades e bordado son as novidades na programación cultural do Concello de O Pino

Cociña, manualidades e bordado son as novidades na programación cultural do Concello de O Pino

Novas

13-09-2018
13 Set

Co comezo do curso, bota a andar un ano máis a programación cultural outono-inverno do Concello do Pino. Obradoiros de cociña creativa, manualidades para todas as idades e bordado súmanse ás actividades que xa se viñan desenvolvendo en temporadas anteriores, como as clases de guitarra, o ábaco, os bolillos e a costura, así como as andainas polo Camiño de Santiago e a Aula Aberta ou taller infantil dos sábados pola mañá.

Para coñecer a programación completa ou inscribirse pódense consultar os documentos adxuntos. Para recibir máis información cómpre chamar á Casa da Cultura ao 981 511 065, ou escribir ao correo electrónico cultura@opino.gal. Para poder conformar os grupos e comezar as actividades no mes de outubro, dende o Concello recordan que os interesados deberán anotarse antes de que remate o mes de setembro.
Entre as novas incorporacións á oferta cultural municipal atópase o obradoiro de cociña creativa, que busca dar unha nova visión dos alimentos para aprender a comer san, rico e divertido. Destinado a un público a partir de seis anos, levarase a cabo os luns de 17.00 a 18.00 na Casa da Cultura, cun custe mensual de 15 euros que inclúe o material necesario para elaborar as receitas.
Tamén son novas na programación as actividades de manualidades, dedicadas tanto á poboación infantil (desde os seis anos, os xoves) e adulta (os luns), de 18.00 a 20.00 na Casa da Cultura. No caso dos nenos e nenas elaboraranse desde álbums de fotos a xoguetes con materiais reciclados; o custe tamén é de 15 euros. No que toca ao curso de bordado ao aire, será impartido pola mestra Ana Rosa, da Casa Escola Obradoiro Ana Rosa. Ten un custe de 30 euros mensuais e levarase a cabo os mércores de 18.00 a 20.00 horas, tamén na Casa da Cultura.
Repiten na programación cultural do Pino actividades musicais e creativas que adquiriron gran popularidade nos anos que se levan celebrando. É o caso das clases de guitarra, que se imparten os mércores ás 19.00 na Casa da Cultura cun prezo de 12 euros a media hora, aínda que tamén se poden facer clases de unha hora de duración os martes se se forman grupos de polo menos 8 alumnos e alumnas. Os horarios definitivos daranse a coñecer nunha reunión previa ao inicio do curso unha vez se coñeza o número de inscritos. Continúan tamén o obradoiro de costura, que se impartirá, en principio, os martes ás 10.30, os mércores ás 11.00 e os xoves ás 18.30 (20 euros); o de bolillos, os mércores ás 18.00 horas (30 euros mensuais); e o de ábaco, a partir de 6 anos, os martes ás cinco da tarde (12 euros).
Entre as actividades previstas para as fines de semana destaca o programa Camiña e Descubra, que levará a quen participe nel a percorrer o Camiño de Santiago en etapas a celebrar o terceiro sábado de cada mes. A peregrinación arrinca o 20 de outubro en Sobrado dos Monxes e, desde Boimorto, dirixirase cara Compostela polo Camiño do Norte, pola variante que pasa pola Capela da Mota e percorre no Concello do Pino as parroquias de Medín, Gonzar, O Pino e Castrofeito.
Por último, para público miúdo programarase de novo a Aula Aberta na Biblioteca Municipal, cunha periodicidade de dous sábados ao mes, entre as 10.30 e as 12.30 horas. Nenos e nenas de 5 a 10 anos poderán participar, previa inscrición, nos obradoiros temáticos, xogos e contacontos deste taller infantil.

Nos seguintes documentos podes consultar tanto a programación como descargar as fichas de inscrición (para adultos e para nenos e nenas). Os PDF para a inscrición pódense cubrir directamente dende o ordenador.

Icon

Actividades culturais outono-inverno 2018-19

1 file(s) 606.76 KB
Download
Icon

Solicitude actividades culturais escolares

1 file(s) 107.70 KB
Download
Icon

Solicitude actividades culturais adultos

1 file(s) 121.11 KB
Download
Tweet
Share47
Share
Pin
47 Shares
« Ximnasia por parroquia para maiores de O Pino a partir do 2 de outubro
Moita animación no comezo do torneo alevín de Fútbol 7 Concello de O Pino »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés