Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

Cincuenta maiores do Pino foron ao balneario de Cuntis co programa Vai de Auga

Novas

18/06/2026
18 Xuñ
  • Os participantes destacan os beneficios da iniciativa para a saúde e tamén desde o punto de vista da convivencia veciñal

  • A concelleira Eva Varela achegouse a despedir o grupo na última saída, coñecendo de cerca as súas impresións sobre a experiencia

    Eva Varela (primeira dereita) despediu ao grupo que acudiu o último día ao balneario de Cuntis

Un total de cincuenta persoas maiores do municipio do Pino participaron este ano no programa Vai de Auga, unha iniciativa de promoción da saúde e do envellecemento activo que concluíu onte, mércores 17 de xuño, tras cinco semanas de visitas ao balneario Acquaform Termas de Cuntis.

O programa, organizado polo Concello do Pino, permitiu ás persoas participantes desfrutar de cinco sesións no circuíto lúdico-termal das instalacións de Cuntis. O Concello asumiu o custo do transporte en autobús, mentres que os usuarios e usuarias achegaron 70 euros para participar na actividade.

A edición deste ano comezou o pasado 6 de maio, e esta semana, antes da última viaxe ao balneario, a concelleira de Cultura, Eva Varela, achegouse ata o punto de saída para despedir o grupo e conversar cos participantes sobre a súa experiencia.

A edil destacou a boa acollida que volve ter esta iniciativa municipal e o seu impacto positivo no benestar da veciñanza. Ademais, agradeceu a participación e implicación de todas as persoas que tomaron parte nesta edición, contribuíndo a consolidar un programa que cada ano conta cun elevado nivel de aceptación.

Durante a conversa, os participantes trasladáronlle as súas impresións e coincidiron en sinalar tanto os beneficios físicos das sesións termais como o ambiente de compañeirismo que se crea ao longo das diferentes saídas.

Os participantes destacan os beneficios do programa

O grupo deste ano estivo integrado tanto por persoas que levan anos participando na iniciativa como por outras que se incorporaron por primeira vez. En ambos os casos, a valoración foi moi positiva.

Entre os participantes máis veteranos atópanse Celsa Caneda, Adolfo Meijide ou Manuel Balboa, que lembran que xa formaban parte deste programa municipal cando as sesións se realizaban no balneario de Pambre, no municipio lucense de Palas de Rei. Todos eles coinciden en que esta actividade se converteu nunha cita fixa do calendario anual e nunha oportunidade para coidar da saúde á vez que se mantén o contacto coa veciñanza.

Tamén as persoas que participaron por primeira vez quedaron satisfeitas coa experiencia. É o caso de Manuel Míguez, que se estreou nesta edición coa súa muller e xa ten claro que repetirá. Segundo comentou, a experiencia resultoulles tan positiva que volverán participar “indo a Cuntis ou a calquera outro sitio ao que nos leven”.

As persoas usuarias salientaron a mellora que perciben nas molestias musculares e articulares tras as sesións termais. Así, Rosa resumíao asegurando que, despois destas visitas primaverais ao balneario, “logo o inverno lévase mellor”, unha reflexión que comparte boa parte do grupo e que reflicte o efecto positivo que este tipo de programas teñen sobre o benestar xeral e a calidade de vida.

O programa Vai de Auga consolídase ano tras ano como unha das actividades máis valoradas pola veciñanza do Pino ao combinar os beneficios terapéuticos das augas termais cun importante compoñente de convivencia e relación social.

O Concello do Pino continuará apostando por iniciativas deste tipo, que fomenten hábitos de vida saudables e o envellecemento activo da poboación maior do municipio.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Inaugurado o obradoiro de emprego Touro-Boimorto-O Pino, no que a Xunta fai un investimento de 454.00 euros
Admitidas todas as solicitudes para a Escola de Verán 2026 »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego