O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Cinco mozos do Pino de entre 12 e 15 anos poderán ir esquiar coa campaña da Deputación

Cinco mozos do Pino de entre 12 e 15 anos poderán ir esquiar coa campaña da Deputación

Novas

29-11-2021
29 Nov
  • Desenvolverase na estación asturiana de Valgrande-Pajares entre o 28 e o 31 de xaneiro //

  • A inscrición realizarase nas oficinas municipais entre o 30 de novembro e o 14 de decembro //

  • A viaxe inclúe traslados, aloxamento, manutención, clases de esquí e actividades //

  • Os participantes pagarán 85 euros en concepto de inscrición //

Cinco mozas/os do Pino de entre 12 e 15 anos poderán participar na Campaña de neve promovida pola Deputación da Coruña na estación de Valgrande-Pajares, en Asturias. O prazo de inscrición permanecerá aberto entre o 30 de novembro e o 14 de decembro. Para facer a solicitude, as mozas e mozos interesados terán que cubrir a ficha de inscrición (pica aquí) e presentala no Concello do Pino, ben por vía telemática na sede electrónica ou ben presencialmente no Rexistro municipal.

Os participantes no programa desfrutarán de catro días con aloxamento e manutención nun albergue a pé de pista e contarán con cursos de esquí e actividades complementarias. A Deputación asumirá a maior parte dos gastos, que inclúen transporte dende un punto de recollida na cabeceira da comarca, seguros, alugamento de material ou remontes na estación. As/os mozas/os, pola súa parte, terán que aboar un total de 85 euros como taxas de inscrición.

A campaña desenvólvese durante seis fins de semana. As mozas e mozos do Pino correspóndelle a terceira quenda, que terá lugar entre o 28 e o 31 de xaneiro. Entrarán na estación de Valgrande-Pajares o venres antes do xantar e deixarna o luns despois de comer.

No caso de que o número de solicitantes supere as cinco prazas dispoñibles, realizarase un sorteo no Concello diante da secretaria municipal no que terán prioridade aquelas rapazas ou rapaces que non participaran anteriormente na campaña de neve.

A información da campaña pode consultarse no apartado de Deportes da web da Deputación da Coruña ou picando nesta ligazón.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Ábrese ata o 31 de decembro o prazo de solicitudes para participar no programa termal do Imserso
A Xunta investirá máis de 18.000 euros na ampliación da área infantil da biblioteca municipal »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego