O vindeiro sábado 30 de maio dous alumnos das escolas de atletismo, Xoel Blanco Parga e Fernando Franco García, tomarán parte no Campionato Provincial de Atletismo en Pista, que se disputará nas instalacións atléticas de A Malata na cidade de Ferrol.
Desexamos felicitar a estes alumnos e o seu monitor, Jesús Sainz, polo traballo realizado durante a tempada.