O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / ‘Camiños de Coñecemento e Experiencia’ formou a un total de 14 persoas no Pino

‘Camiños de Coñecemento e Experiencia’ formou a un total de 14 persoas no Pino

Novas

22-06-2022
22 Xuñ

O programa do IV Ciclo da USC para maiores de 50 anos clausurouse onte en Santiago //

A concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Vázquez, foi a encargada de recoller os correspondentes diplomas //

O Salón Noble do Colexio de Fonseca, en Santiago, acolleu onte a clausura do programa do IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela Camiños de Coñecemento e Experiencia no que participaron un total de 14 alumnos e alumnas do Pino maiores de 50 anos. A encargada de recoller os diplomas do alumnado do Pino participante nesta acción formativa foi a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Vázquez Rodeiro.

O acto contou coa participación  e intervencións da vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias Fernández; da directora do Programa Universitario de Maiores-IV Ciclo, Mª Esther Olveira Olveira; e o subdirector xeral de Planificación, Sistemas de Información, Calidade, Humanización e Innovación Asistencial da Xunta de Galicia, Javier Ventoso Rial.

Ademais da entrega de diplomas, Laura Touriñán Morandeira, investigadora posdoutoral Margarita Salas, pronunciou a lección maxistral, e tamén interveu Beatriz Rosende, unha das alumnas do programa. O acto rematou coa actuación da tuna.

Camiños de Coñecemento e Experiencia é un programa promovido pola USC ao abeiro do IV Ciclo que se desenvolveu nos meses de marzo a xuño deste ano. Trátase dunha iniciativa formativa dirixida a persoas maiores de 50 anos das comarcas da contorna de Santiago e da súa zona de influencia administrativa e sociocomunitaria. Ten por obxectivo favorecer a democratización do saber, potenciando e difundido o coñecemento científico e artístico na poboación maior de 50 anos que, por diferentes motivos, non pode participar nas actividades do programa do IV Ciclo.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Publicada a oferta da FP Dual para o curso 2022-2023
O Pino instará á Xunta a implementar axudas directas á gandeiría de carne »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego