Formularios de inscrición e folla de pagamento para participar no programa Camiña e Descubre 2026, que percorrerá a Vía da Prata dende Ourense a Santiago.
As etapas percorreranse o terceiro sábado de cada mes, a partir do 28 de febreiro, aínda que as datas poden sufrir cambios por cuestións meteorolóxicas ou de organización.
Podes facer a inscrición para varias etapas xuntas ou para cada unha delas por separado. Prazo de inscrición: ata o xoves anterior á celebración de cada etapa.
Unha vez cumprimentada a ficha de inscrición e feito o pagamento, deberán entregarse nas oficinas municipais ou na sede electrónica do Concello do Pino.
Más información na casa da cultura: 981 511 065 ou no enderezo electrónico cultura@opino.gal

