O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Bruxo Queiman leva o seu espectáculo ‘Queiman Folki’ ata O Pino o 4 de setembro

Bruxo Queiman leva o seu espectáculo ‘Queiman Folki’ ata O Pino o 4 de setembro

Novas

24-08-2021
24 Ago

Celebrarase na praza do Concello a partir das 22.00 horas ||  

É necesario reservar entradas no departamento de Cultura  ||  

A actuación aprazouse o pasado 31 de xullo debido á elevada incidencia da covid-19  ||

 

O Concello do Pino recupera o vindeiro 4 de setembro un dos espectáculos que se suspenderon o 31 de xullo debido a elevada incidencia da covid-19 no municipio. O primeiro sábado de setembro Bruxo Queiman ofrecerá o seu espectáculo de lume Queiman Folki na praza do Concello a partir das 22.00 horas.

O espectáculo, no que interveñen o Bruxo Queiman e as Bruxas Peregrinas, mestura o tradicional conxuro coa fundamental exaltación da terra e do mar, do Camiño de Santiago, e do folclore galego. Está enfocado á exaltación da terra, a súa gastronomía e as súas paisaxes.

A paixón, o sentimento e a forza escénica están presentes en Queiman Folki, no que se van alternando a música folk e celta coas danzas, a pirotecnia fría e moito lume. O público asistente participará tamén dun sorprendente ritual da queimada.

Acceso gratuíto previa reserva de entrada

A entrada ao espectáculo é gratuíta, pero é necesario reservar invitacións por motivos de aforo. As persoas interesadas, poderán reservar ata un máximo de seis entradas dende hoxe ata as 14.00 horas do venres 3 de setembro chamando ao teléfono 981 51 10 65 (de luns a venres, entre as 10.00 e as 14.00 horas) ou enviando un correo electrónico a cultura@opino.gal, no que terán que facer constar nome, DNI e número de teléfono. Todos os asistentes permanecerán sentados, en cadeiras individuais, que manterán entre elas unha separación de 1,5 metros.

 

 

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Arrinca unha nova edición do programa de envellecemento activo con excursións a Cambados e á Coruña
Ata o 14 setembro as mozas e mozos poderán solicitar as axudas para sacar os carnés de conducir de coche ou de camión »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés