O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Beatriz Barroso e Daniel Paz gañan o trail comarca do Ulla-Tambre entre Touro e O Pino

Beatriz Barroso e Daniel Paz gañan o trail comarca do Ulla-Tambre entre Touro e O Pino

Novas

03-04-2022
3 Abr

Fixeron os 20 km de percorrido nun tempo de 2:01 e 1:34 horas, respectivamente ||  

Cristina Carril, do Club Atletismo O Pino foi a terceira fémina  ||   

Chegaron a meta situada no cruceiro da igrexa de Arca 90 atletas  ||  

Beatriz Barroso Pérez, do Club Atletismo Noia (2:01:23) e Daniel Paz Pardo, do Club Deportivo Brión (1:34:45) foron os gañadores da primeira edición do Trail comarca Ulla-Tambre que se disputou nos vinte quilómetros que separan a área recreativa de Brandelos (Touro) do cruceiro da igrexa de Arca (O Pino).  Completaron o podio en categoría feminina Eva de la Fuente (C.D. Brión, con 2:10:55) e Cristina Carril (C.A. O Pino, con 2:15:42). En categoría masculina foron Rubén Insua (C.A. Sar, con 1:35:38) e Alberto Villamor (GTR-Galaico, con 1:38:39).

Nesta primeira edición do Trail comarca da Ulla-Tambre chegaron a meta 90 corredores, dos 111 que estaban inscritos previamente, aínda que non todos tomaron a saída. Cun percorrido de 20 quilómetros, a proba percorreu algúns dos paraxes máis fermosos dos municipios de Touro e O Pino, como a fervenza do Batán, o miradoiro de San Sebastián ou o alto do Picón.

O Club Deportivo Brión foi o gañador na categoría de equipos, seguido do Club Atletismo O Pino e do BJ Joyas del Camino.

Por categorías, as clasificacións quedaron do seguinte xeito:

Máster 3 feminina: Marga Ledesma (3:39:08, co CA O Pino).

Máster 3 masculina: Juan Jesús Barral, Juan Carlos Martínez e Francisco Xosé Candia

Máster 2 feminina: Mónica Guardado, Maica Otero e Alicia Muiño. Os premios desta proba non eran acumulativos, motivo polo que nesta claterogía non aparecen as tres gañadoras absolutas

Máster 2 masculina: Roberto Riobo, Alberto Carou e Alejandro Pesado

Máster 1 masculina: Alex Sanmartín González, Marcos Mayo e Miguel Parcero.

Sénior feminina: Silvia Fajín e Noelia Amado

Sénior masculina: Carlos Fraga, Simón Barreiro e Miguel Iglesias.

Na entrega de trofeos participaron os concelleiros e concelleiras Eva Varela e José Manuel Carreira (O Pino) e Adela Iglesias (Touro); Pablo Núñez,  director de Relacións Institucionais de Cobre San Rafael, e Ivan Sanmartín, como delegado da Federación Galega de Atletismo en Santiago.

AS clasificacións íntegras pódense ver en Carreiras Galegas (neste enlace)

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino sumarase ao convenio Xunta-Fegamp para ter un centro de día e residencia de maiores
Admítense todas as solicitudes para o campamento de Semana Santa »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego