O Pino

+34 981 511 002correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home /Novas / As ‘Parolas de verán’ arrancan o xoves en Gonzar o percorrido polas parroquias do Pino

As ‘Parolas de verán’ arrancan o xoves en Gonzar o percorrido polas parroquias do Pino

Novas

03-07-2020
3Xul
  • Durante os meses de xullo e agosto haberá actuacións familiares en diferentes lugares do concello ||

  • Antes de cada espectáculo haberá obradoiros, pintada de debuxos e máis actividades para os cativos ||

  • ‘Unha armadura con ferruxe’ represéntase o día 9, ás 11.00 horas na carballeira de Gonzar ||

  • Recoméndase inscribirse antes do martes para poder controlar o aforo e o material necesario para todos os asistentes ||

O Concello de O Pino pon en marcha o vindeiro xoves unha nova iniciativa para promover espectáculos culturais polas parroquias do municipio, podendo achegar así actividades culturais á veciñanza respectando as medidas de prevención contra a covid-19. As Parolas de verán arrancan o xoves, día 9, ás 11.00 horas, na carballeira de Gonzar coa representación do espectáculo de monicreques ‘Unha armadura de ferruxe’.

Pequenos e grandes, nenas e nenos, avós e netos poderán gozar este verán de diferentes espectáculos e actividades que se irán repartindo todos os xoves de xullo e agosto por diferentes parroquias do municipio.

Antes de cada espectáculo ou actividade, dende a Concellaría de Cultura de O Pino desenvolveranse diferentes obradoiros, pintadas de debuxos e outras actividades para que os máis pequenos poidan gozar e desenvolver toda a súa imaxinación.

Para un maior control das medidas de seguridade e poder dispoñer do material necesario para os obradoiros e actividades, dende a Concellaría de Cultura solicítase a inscrición previa de todos aqueles que queiran participar. As familias interesadas pódense inscribir enviando un correo electrónico ao enderezo cultura@opino.gal ou ao teléfono 981 511 065 antes das 14.00 horas do martes anterior a cada espectáculo.

Nas Parolas de verán poden participar todos os nenos e nenas que queiran, aínda que non residan na parroquia onde se realice a actividade ou non estean empadroados no concello. Durante os espectáculos respectaranse as normas de seguridade establecidas polas autoridades competentes. Todos os asistentes deben acudir con máscara.

Programa para xullo.

Co espectáculo de monicreques ‘Unha armadura con ferruxe’ comezan as Parolas de verán o xoves 9 de xullo na carballeira de Gonzar, a partir das 11.00 horas.

A semana seguinte, o xoves 16, no centro sociocultural de Castrofeito representarase ‘A historia de Brancaflor’, unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios. Será tamén ás 11.00 horas.

‘Rogelio. Un payaso en recuperación’ é o espectáculo previsto para o xoves 23 de xullo.. Rogelio leva 20 anos encerrado na súa casa e para recibir a alta médica debe facer rir aos nenos. Dende a Concellaría de Cultura propóñense as parroquias de Cerceda, Cebreiro ou a de O Pino. O espectáculo vaise representar naquela parroquia na que haxa máis nenos e nenas inscritos antes do martes 21 de xullo.

Co divertivo espectáculo musical sobre a cociña e a comida ‘O capitán garfo’ rematarán as Parolas de verán no mes de xullo. Sería o día 30, tamén ás 11.00 horas, no centro sociocultural de Pereira.

O programa para o mes de agosto anunciarase nas vindeiras semanas.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino abre dende hoxe a piscina municipal de Lameiro de 12.00 a 20.00 horas todos os días
A historia do cabaleiro preso da súa armadura fixo rir en Gonzar a nenas e nenos nas Parolas de verán »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

Política de cookies
A nosa web utiliza cookies propias e de terceiros para fins estritamente funcionais, permitindo a navegación na web, así como para fins analíticos, para optimizar a web. Para administrar ou deshabilitar estas cookies faga click en Configuración de Cookies. Pode obter máis información na nosa Política de Cookies. Pulse o botón Aceptar Cookies para confirmar que leu e aceptou a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos mostrarlle esta mensaxe, excepto no caso de que borre as cookies do seu dispositivo.
Configurar / RexeitarAcepto
Política de cookies

Política de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para millorar a sua experiencia mentres navega polo sitio web. De estas cookies, as que categorízanse como necesarias almacénanse no seu navegador xa que son imprescindibles para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender cómo utiliza o sitio web. Estas cookies amacenaránse no seu navegador so co seu consentimento. Vostede tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Nembargantes, o feito de optar por non utilizar algunhas destas cookies pode ter un efecto na sua experiencia de navegación.
Necesarias
Always Enabled

As cookies necesarias son absolutamente imprescindibles para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría so inclue cookies que garantizan as funcionalidades básicas e as características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.

Non-necesarias

Calquera cookie que non sexa particularmente necesaria para o funcionamento do sitio web e que se utilice específicamente para recopilar datos persoais do usuario a través da análise, anuncios ou otros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de utilizar estas cookies no seu sitio web.

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés