O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Arrinca unha nova edición do programa de envellecemento activo con excursións a Cambados e á Coruña

Arrinca unha nova edición do programa de envellecemento activo con excursións a Cambados e á Coruña

Novas

12-08-2021
12 Ago
  • De aquí a finais de ano desenvolveranse obradoiros de estimulación cognitiva, risoterapia, alfabetización dixital e bailoterapia //

  • Toda as actividades son gratuítas e están dirixidas a persoas empadroadas no Pino maiores de 65 anos //

Con dúas excursións, a Cambados e á Coruña, iniciarase nas vindeiras semanas unha nova edición do programa de envellecemento activo co que o Concello do Pino busca promover a dinamización e a vida saudable entre as persoas maiores.

O programa, denominado ‘Actívate na nosa Terra’ e dirixido a persoas empadroadas no Pino maiores de 65 anos, aglutina saídas e obradoiros gratuítos coa fin de promover a autonomía persoal e a prevención da dependencia. Todas as actividades son gratuítas e os participantes só terían que pagar as comidas no caso das excursións.

Ata final de ano desenvolveranse un total de catro obradoiros, que terán entre un e tres meses de duración: Obradoiro de estimulación cognitiva, Obradoiro de risoterapia, Obradoiro de alfabetización dixital e Obradoiro de bailoterapia.

Tamén están previstas varias actividades culturais de lecer e tempo libre, entre as que se atopan visitas a Cambados, A Coruña, Ourense, a Ribeira Sacra, as Rías Baixas e ao Balnario de Cuntis. Ademais, haberá unha saída para ir ao cine ou ao teatro.

Primeiras excursións

 

A primera das excursións, a Cambados, realizarase o venres 27 de agosto e inclúe a visita a unha adega. As inscricións están abertas ata o luns 23.

Unha semana despois, o venres 3 de setembro, haberá outra viaxe á Coruña con visita ao casco histórico, o castelo de San Antón e a Torre de Hércules. O prazo para anotarse remata o luns 30 de agosto.

As persoas interesadas nas actividades poden inscribirse ou solicitar máis información chamando ao teléfono 981 511 002 entre as 9.00 e as 13.00 horas, e preguntando por María, a traballadora social.

No caso de quedar prazas vacantes, o programa estenderase ás persoas maiores de 60 anos e a aquelas que teñen problemas de saúde.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Voluntarios da Cruz Vermella prestarán asistencia aos peregrinos que pasen polo Pino en agosto
Bruxo Queiman leva o seu espectáculo ‘Queiman Folki’ ata O Pino o 4 de setembro »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego