Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

Arredor de 150 rapaces e rapazas desfrutan na Escola de Verán do Pino dunha programación chea de actividades

Novas

19/08/2026
19 Ago
  • A ‘Feira da Creatividade’ é o fío condutor dunha proposta que combina xogos, obradoiros, festas temáticas, deporte e actividades educativas

  • A rapazada tamén participou en saídas como a do Museo do Humor de Fene e a das Fragas do Eume, ademais de visitar os bombeiros forestais

A Escola de Verán do Pino, organizada polo Concello a través da Concellería de Muller e Benestar Social, entra na súa recta final tras case dous meses de intensa actividade. Arredor de 150 rapaces e rapazas desfrutan desde o 22 de xuño dunha iniciativa que se desenvolverá ata o próximo 8 de setembro e que xa leva celebradas catro das seis quendas previstas.

Este programa de conciliación familiar, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, ten lugar nas instalacións do Pavillón Municipal de Reboredo e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago, en Arca. Está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade no marco do Plan Corresponsables.

Baixo a temática A Feira da Creatividade, a cativada está a desfrutar este verán de numerosos xogos, desafíos e actividades pensados para combinar o lecer coa aprendizaxe, fomentar a imaxinación e favorecer o compañeirismo e o traballo en equipo. Como en edicións anteriores, a programación da Escola de Verán reúne propostas creativas, culturais e deportivas cun enfoque lúdico e participativo.

Así, as primeiras semanas serviron para que os diferentes grupos comezasen a mergullarse nesta nova aventura, reunindo a festa da auga a todos os participantes nunha das primeiras grandes xornadas compartidas.

A expresión artística foi a gran protagonista desde o inicio, con obradoiros creativos (de pintura, de reciclaxe, de pulseiras…) e coa celebración dun entroido de verán no que a cativada tamén despregou a súa creatividade no taller de caretas. Pero, sen dúbida, o momento máis agardado e desfrutado foi a festa da fariña, que sumou outro momento inesquecible a este verán no Pino.

Un obradoiro de cociña compartido entre os diferentes grupos puxo o toque máis saboroso a outra das semanas de xullo, mes no que un dos pratos fortes da Escola de Verán foi a visita aos bombeiros forestais, durante a que a rapazada puido coñecer os vehículos e os materiais que empregan estes profesionais e achegarse ao importante traballo que desenvolven.

A despedida de xullo deixou tamén momentos moi especiais, como a visita do escritor e contacontos Anxo Moure coa súa ciclobiblioteca, ou un particular Got Talent no que non faltaron actuacións musicais, baile e patinaxe, tanto individuais como en grupo.

Agosto comezou con novos retos, pois coa chegada deste mes tamén se renovaron as propostas. Unha das máis divertidas foi o Grand Prix que celebraron os maiores, unha competición con diferentes xogos e desafíos coa que o pasaron en grande.

Saídas cada mércores co programa Viaxando coa Cativada

As actividades da Escola de Verán do Pino combínanse co programa Viaxando coa Cativada, que cada mércores leva a rapazada de excursión.

Durante os meses de xullo e agosto, as propostas inclúen actividades de aventura, visitas a espazos naturais, xornadas recreativas e deportivas na praia e experiencias relacionadas coa divulgación científica.

Así, ata o momento xa se celebraron sete das oito saídas programadas, comezando cun día de diversión na praia de Tanxil, en Rianxo, e continuando coas visitas á Domus da Coruña, ao Museo do Humor de Fene, ás Fragas do Eume, ao parque zoolóxico Avifauna de Outeiro de Rei e á Fraga Máxica da Cortiña, en San Sadurniño.

Hoxe mesmo, mércores 19 de agosto, estase celebrando a penúltima excursión do programa. Nesta ocasión a cativada puxo rumbo a praia de Gandarío, en Bergondo, onde o está a pasar en grande nunha xornada ao aire libre chea de xogos e actividades.

Deste xeito, a Escola de Verán do Pino continúa avanzando cara á súa recta final, mantendo o espírito que caracteriza esta iniciativa: facilitar a conciliación das familias ao tempo que os máis pequenos e pequenas da casa desfrutan dun verán activo, educativo e cheo de experiencias compartidas.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O CPI Camiño de Santiago estreará unha profunda renovación coincidindo co seu 50 aniversario
O alcalde Manuel Taboada recibe o bispo venezolano Elieser Antonio Barrios Rivero »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés