O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Andrea Mosteiro canta con Rosa Cedrón na presentación do vídeo turístico de O Pino

Andrea Mosteiro canta con Rosa Cedrón na presentación do vídeo turístico de O Pino

Novas

24-07-2019
24 Xul

“Sente o latexo. Ven ao Pino” é o título do vídeo turístico que o Concello de O Pino estreou onte á noite para dar a coñecer e promocionar o potencial paisaxístico, cultural e gastronómico que ten o municipio. Máis de 200 persoas asistiron á primeira proxección do vídeo, nun acto no que tamén se fixo un avance do programa da XX Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar e no que Andrea Mosteiro, veciña de Arca, converteuse en protagonista ao interpretar unha canción xunto a Rosa Cedrón durante o concerto que pechou o acto.

O Camiño Francés e o Camiño do Norte, a praia fluvial do río Tambre, o río Mera e algunhas das igrexas do municipio aparecen reflectidas no vídeo, que ten como fío condutor a dous peregrinos que se atopan no Camiño e inician unha relación que comeza precisamente no Pino. Con este vídeo, producido por Xurdir, o Concello de O Pino “quere potenciar os nosos atractivos turísticos para que máis xente veña a coñecernos”, como recordaba o alcalde, Manuel Taboada.

 

Foi tamén o alcalde que fixo a presentación da XX Festa do Galo de Curral e Mostra Cabalar, e da X Feira Celtaque se vai celebrar o primeiro fin de semana de agosto. A Feira Celta abrirase o venres, día 2, ás seis da tarde, e vai continuar tamén o sábado e o domingo, entre as 11.00 da mañá e as 11.00 da noite. Cada día esta feira vai pechar con fotos artificiais e malabares.

Durante os tres días haberá diferentes actividades para todos os públicos, con mostra de diferentes oficios, demostracións de cetrería, teatropara nenos e moitas máis actividades.

A Festa do Galo Piñeiro, que celebra a súa vixésima edición,  contará este ano con importantes novidades, das que o alcalde adiantou algunhas.

A feira de Galos e Galiñas vivasvaise celebrar dous días, o sábado, día 3,  e o domingo, día 4, dende ás 10.00 horas. Coa organización desta feira está moi implicada a Asociación de Galos e Galiñas de Raza Piñeira (AGALPI), unha asociación de criadores que, xunto co Concello, quere conseguir a declaración de raza autóctona para a galiña piñeira.

Tampouco haberá este ano premios en metálicopara as mellores galos e galiñas piñeiras. Os mellores exemplares recibirán un diplomaacreditativoe un agasallo. Só terán premio en metálico os mellores galos de curral.

O pregoeiro desta edición será o xornalista da TVG Terio Carrera, unha persoa vinculada a moitos dos eventos deportivos que se celebran en O Pino. Despois do pregón celebrarase o tradicional, Xantar Popularno que poderán participar todas as persoas que o desexen e que compren a súa entrada en diferentes establecementos do municipio e, os días da festa, tamén no stand que terá o Concello na praza de Forcarei.

A Mostra Cabalarserá outro dos atractivos o domingo, día 4, dende ás 09.00 horas.Haberá concursos morfolóxicos en diferentes categorías, probas de arrastre e volverase a elixir o Premio Faísca, ao mellor exemplar de pura raza española nado e criado en Galicia.

O espectáculo ecuestre ‘Único’, a cargo da Escola de Equitación El Centauro de Valladolid, durará algo máis dunha hora e nel participan 24 cabalos e 30 persoas. Este espectáculo que xa recibiu un gran recoñecemento tanto en moitas localidades españolas como en numerosas cidades europeas.  “No Pino poderemos ver actuacións de doma en liberdade, doma vaquera e doma de alta escola, saltos, acrobacias a cabalo e moito máis. Este espectáculo comezará unha vez remate a entrega de premios da Mostra Cabalar”, indicou Taboada.

Andrea Mosteiro canta con Rosa Cedrón

Despois da presentación do vídeo e do programa da feira veu un dos momentos máis esperados da noite,  o concerto de Rosa Cedrón. Nun momento da súa actuación, a cantante monfortina invitou a subir ao escenario a moza Andrea Mosteiro, quen interpretou unha canción xunta a unha das súas cantantes favoritas, demostrando que posúe unha gran voz.

Coa canción de “Camariñas”, Rosa Cedrón pechou a súa actuación onte en Arca, que foi moi aplaudida polo público presente.

 

Tweet
Share178
Share
Pin
178 Shares
« Rosa Cedrón actúa mañá na presentación do vídeo turístico do Concello de O Pino
Atopan traballo 8 dos 20 alumnos do obradoiro dual de emprego O Pino-Arzúa clausurado hoxe »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés