Alberto Mariño e Alberto Riveiro completaron o podio absoluto masculino, e María Tarrío e Ana Martínez o feminino ||
Jesús Sainz, Miguel García e Bruno Gomes foron os mellores atletas do Pino, e Cristina Carril, Ana María Fandiño e Carmen Castro, as mellores locais ||
José Pantín e Elvira Tresguerras, participantes de máis idade ||
O C.A. O Pino foi o que aportou un maior número de participantes ||

Podio absoluto masculino e feminino da 8K
Ana María Santiso Prado e Andrés Cendán Lloréns foron os gañadores absolutos da Carreira Pedestre Popular do Pino que se celebrou este domingo 21 de setembro, unha proba na que participaron máis de 380 atletas de todas as idades. Os máis veteranos foron José Pantín, do Atletismo Narón (79 anos), e Elvira Tresguerras, do C.A. Sar (73 anos).
Andrés Cendán Lloréns foi o dominador absoluto da vixésima edición da Carreira Pedestre Popular do Pino, que encabezou dende os primeiros metros e rematou nun tempo de 27.05 minutos, seguidos de Alberto Mariño Rial (27.34) e Alberro Riveiro Lampón (27.50).
Na categoría feminina, Ana María Santisou rematou os 8 quilómetros en 31.39 minutos, tres menos que asegunda clasificada, Ana Tarrío Martínez (34.46). A terceira foi Ana Martínez (35.51).

En canto aos mellores atletas do Pino na categoría absoluta, recolleron o seu recoñecemento Jesús Fernando Sainz (29.40), Miguel Gardía Duro (33.15) e Bruno Manuel Gomes (33.21) en categoría masculina, e Cristina Carril (39.19), Aba María Fandiño (47.10) e Carmen Castro (47.41).
O Club Atletismo O Pino foi o que aportou un maior número de atletas na proba, e quedou segundo en categoría feminina, por detrás da SD Compostela. En categoría masculina o podio estivo copado polo Club Triatlon Compostela, o C.A. Sar e a SD Compostela.

Nesta vixésima edición participaron máis de 380 atletas de todas as idades, dende rapazada menor de 6 anos ata os máis veteranos, que nesta ocasión foron José Pantín López, do Atletismo Narón, que rematou a proba en 55.46 minutos aos seus 79 anos. En mulleres, Elvira Tresguerras foi outra vez a participante máis veterana. Con 73 anos rematou a proba en pouco máis dunha hora, 1.02.15.

A Carreira Popular do Pino forma parte do XI Circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña.
Na entrega de premios e para dar a saída das diferentes probas participaron o alcalde, Manuel Taboada, os concelleiros Borja Castro (que correu na 8K), José Fuentes e Eva Varela.

Os dous atletas de maior idade: Elvira Tresguerras (nada en 1952) e José Pantín López (1946)
As clasificacións completas pódense consultar na web carreirasgalegas.com (neste enlace).
Clasificacións:
Xeral 8K: Andrés Cendán, Alberto Mariño e Alberto Riveiro; Ana maría Santiso, María Tarrío e Ana Martínez.
Sub-20: Adrián Sesar, Leo Gándara e Darío Ambite.
Sub-23: Javier Castro e Sheila Balado
Sénior: Diego Santiago, Jesús Fernando Sainz e Eloy Castro; Carmen Rodríguez, Gloria Cañamares e Doris Iglesias.
Máster 1: Marcos Barreiro, Ricardo León e Alberto Pardo; Tamara Rodríguez, Rosa Cabado e Laura Iglesias.
Máster 2: Juan Bello, Jesús Rey e Fran Oviedo; Tania Boquete, Cristina Carril e Maite Couto.
Máster 3: Manuel Figueira, Miguel Cabo e Juan Carlos Martínez; Mari PIñeiro, Ana María Fandiño e Carmen Castro.
Máster 4: Francisco Javier Cepeda, Ramiro Pérez e José Manuel Insua; María del Carmen Rodríguez
Mellores atletas do Pino: Jesús Fernando Sainz, Miguel García e Bruno Manuel Gomes; Cristina Carril, Ana María Fandiño, Carmen Castro.
Atletas de maior idade: José Pantín López (1946) e Elvira Tresguerras González (1952).
Sub-18: Iago Mateos, Brais Bahamonde e Daniel Ambite.
Sub-16: Xavi Fagilde, Roque Montero e Brais Rendo; Xoana Rodil, Lola Villar e Martina López.
Mellor atleta O Pino: Xoel Otero
Sub-14:Xabier Rodil, Roi Fraga e Raúl Mata; Carla Suárez, Judit Barros e Noa Vales.
Mellores atletas do Pino: Isaaac Mella Gómez, Ainoa Rodeiro Barreiro
Sub-12: Antonio Sanmartín, Xian Martínez, Bieito Losada; Alma Vicente, Ainhoa Reboiras, Ainara Rivas
Mellores atletas do Pino: Imerio García e Zaira Alonso
Sub-10: Mateo Vilela, Adrián Rodríguez e Samuel Isaac Torrecillas; Mireia Díaz, Claudia Fernández e Pepa Bernárdez
Mellores atletas do Pino: Lucas Barco e Nahia Tojo
Sub-8: Bruno VIlela, Martín Rey e Leo Sánchez; Érika Flores, Moira Abelleira e Nora Carral
Mellor atleta do Pino: Leo Sánchez Carril.

