Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

Alcalde e conselleira visitan as casas do maior do Pino, que acaban de abrir as súas portas

Novas

08/01/2025
8 Xan

Fabiola García sinala que a veciñanza gañará en calidade de vida con estes dous recursos de atención pública e gratuíta para maiores do municipio  ||  

Contarán con servizo gratuíto de transporte para as cinco persoas que pode atender cada unha delas  ||  

Lorena González pon en marcha a casa do maior de Ferreiros, e Yodaris Garrote, a de Lardeiros  ||  

Pola esquerda: Antón Acevedo (D.X. do Maior), Fabiola García (conselleira de Política Social), Yadaris Garrote (promotora Casa do Maior de Lardeiros), Lorena GOnzález (promotora Casa do Maior de Ferreiros) e Manuel Taboada, en primeiro término

 

O alcalde Manuel Taboada, acompañou esta mañá a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, que se achegou ata O Pino para coñecer as instalacións das dúas novas casas do maior que acaban de abrir as súas portas en Ferreiros e Lardeiros. A conselleira sinalou que os veciños e veciñas do municipio gañarán calidade de vida coa apertura destes recursos. Nas vindeiras semanas as primeiras persoas usuarias empezarán a utilizar estes novos servizos para maiores.

Fabiola García visitou a casa do maior do Marquiño, situada na parroquia de Lardeiros e lque está promovida por Yodaris Gutiérrez; e a de Boavista, en Ferreiros, que xestiona Lorena González. Ambas constitúen os primeiros recursos gratuítos de atención a persoas maiores do Pino. Na visita tamén participaron o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, e integrantes do goberno municipal do Pino,

Situadas nas antigas escolas unitarias de ambas localidades, en cada casa do maior poderanse atender durante 40 horas semanais, de luns a venres laborais, a un máximo cinco persoas maiores de 60 anos, sen dependencia ou en situación de dependencia de grao un. Tanto Yodaris Gutiérrez como Lorena González adiantáronlle hoxe a conselleira, ao alcalde e ao director xeral que as dúas casas do maior do Pino van contar con servizo de transporte gratuíto para as persoas usuarias.

Durante a visita, Fabiola García trasladoulle aos veciños e veciñas que participaron na xornada de portas abertas que estes servizos están destinados a ofrecer unha atención de calidade aos maiores dos concellos de menos de cinco mil habitantes e nos que non hai outro tipo de recursos. Neste sentido, a conselleira fixo fincapé na importancia de fomentar un envellecemento activo e previr a soidade non desexada.

En Galicia hai máis de 140 casas do maior en funcionamento que supoñen un piar fundamental para fomentar o benestar dos maiores. Ademais, a conselleira destacou a súa importancia para impulsar a conciliación familiar nos territorios máis rurais de Galicia e trasladou o compromiso da Xunta para seguir impulsando iniciativas para o benestar dos maiores.

As casas do maior ofrecen atención de luns a venres, cun máximo de corenta horas semanais. O servizo, atendido por unha persoa autónoma ou cooperativas de traballo asociado, está aberto todo o ano agás festivos e un mes de vacacións.

Manuel Taboada agradeceu a aposta que tanto Yodaris Gutiérrez como Lorena González fixeron por poñer en marcha estas dúas casa do maior no Pino, e sinalou que se hai más persoas autónomas interesadas en montar casas do maior noutras parroquias, “dende o Concello facilitaremos e acondicionaremos os edificios para  achegar este servizo tan importante a nosa veciñanza”.

 

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Os Reis Magos enchen de ilusión o pavillón de Arca, onde os agardaron centos de menores
O Concello do Pino busca persoas voluntarias para un proxecto de verán vinculado ao Camiño de Santiago »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés