A choiva e a abundancia de troitas foron esta mañá os progatonistas do Pescapino, unha competición organizada polo Concello de O Pino no que participaron 20 nenos e nenas de 4 a 13 anos. A benxamín Ainoa Rodeiro pescou a troita máis grande, de 475 gramos, e o infantil Rubén Alonso colleu outra de 313 gramos.
Debeu ser cousa da choiva, o caso é que todos os participantes conseguiron alguha peza, a maioría dun tamaño considerable. “Se fixera sol seguro que non picaban tanto”, sinalaban algúns dos afeccionados que participan na organización. Durante pouco máis dunha hora, os vinte participantes conseguiron capturar máis de 30 troitas, 10 en cada unha das tres categorías: benxamín (4 a 7 anos), alevín (8 a 10) e infantil (11 a 13). Algúns dos maiores incluso se animaron a meterse ata que a auga lle chegaba aos xeonllos.
Unha mañá pouco agradable, pero moi propicia para a pesca. Tanto e así que o sol non fixo acto de presencia ata a entrega de trofeos. Todos os participantes levaron unha medalla conmemorativa, e os tres que conseguir pescar máis troitas (tendo en conta o peso delas) levaron tamén un trofeo.
O que máis troitas pescou foi Iago Bello, 5 exemplares e 488 gramos seguido de Pablo Martínez, con 4 e 614 gramos. Tres pezas conseguiron Hugo Otero (216 gramos), Juan Fernández (453 gramos) e Nicolás Suárez (231 gramos). Claro que a troita máis grande conseguiuna Ainoa Rodeiro, unha peza de 475 gramos.
O podio nas tres categorías, tendo en conta o peso total das troitas, foi o seguinte:
Categoría benxamín:Ainoa Rodeiro (475 gr), Nicolás Suárez (231 gr) e Manuel Ferro (282).
Categoría alevín:Iago Bello (488 gr), Juan Fernández 8453 gr) e Xoel Otero (155 gr).
Categoría infantil: Pablo Martínez (614 gr), Rubén Alonso (313 gr) e Hugo Otero (216 gr).
Ao rematar, os e as participantes puideron repoñer forzas tomando uns bocadillos e participar nun obradoiro para confeccionar imáns para a neveira. E, como non podía ser doutro xeito, o sol apareceu para despedir a uns nenos e nenas que, un ano máis, volveron participar no Pescapino.
Album de fotos no facebook do Concello de O Pino (neste enlace)