Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

Adrián Sesar e Nuria Mejuto impuxéronse con claridade na Carreira Pedestre Popular do Pino

Novas

20/09/2026
20 Set

Salama Loutfi e Amador Pena, e Nía Franco e Alba Muñiz completaron o podio masculino e feminino nesta 21 edición  ||   

O Club Atletismo O Pino gañou a clasificación por equipos  ||   

Carlos López e Cristina Carril, mellores atletas do Pino na carreira absoluta de 8 quilómetros  ||   

Podio absoluto masculino e feminino

 

Adrián Sesar Míguez e Nuria Mejuto Fernández foron os dominadores e impuxéronse con claridade na liña de meta da proba absoluta de 8 quilómetros da XXI Carrera Pedestre Popular do Pino, que hoxe xuntou en Arca a 270 participantes. Carlos López Platas e Cristina Carril Boo foron os mellores atletas locais, mentres que na clasificación por equipos impúxose o CA O Pino e, como clube máis numeroso, levou o premio o CA Tambre. Podes consultar as clasificacions na web de carreirasgalegas.com, neste enlace.

O atleta do C.A. O Pino Adrián Sesar dominou a carreira absoluta dende o momento de tomar a saída ata o final, cruzando a liña de meta (27:51) con once segundos de diferencia sobre o segundo clasificado, Salala Moutfi (28:02) e case un minuto antes que Amador Pena (28:48), que foi o terceiro clasificado.

O mesmo ocorreu na proba feminina. Nuria Mejuto, do SD Compostela, dominou a carreira dende o principio. A atleta da SD Compostela rematou os 8 quilómetros nun tempo de 34:12, cunha clara diferencia sobre Nía Franco (35:42), do Trieume As Pontes, e Alba Muñiz Lesta (35:58), da Asociación BJ Running Team.

Na proba absoluta, os mellores atletas locais foron Carlos López Platas (33:28), Miguel García Duro (34:16) e Manuel Fandiño (35:35), mentres que en categoría feminina subiron ao podio Cristina Carril Boo (42:24), Ana María Fandiño Vilacide (48:35) e Alba Lea Duro (57:25).

O Club Atletismo O Pino (39 puntos) impúxose na clasificación por equipos ao Club Triatlon Compostela (52) e a SD Compostela (106), mentres que o Club Atletismo Trambre gañou na categoría feminina e tamén o premio ao club con maior número de participantes na proba.

Un ano máis, José Pantín e Elvira Tresguerras levaron o premios como atletas máis veteranos da carreira popular do Pino.

O alcaldle, Manuel Taboada; e os concelleiros Borja Castro, Eva Varela e José Fuentes entregaron os trofeos aos gañadores, xunto con Ángeles Salmonte, representantes do C.A. O Pino.

No resto de categorías, Mauro Fuentes e Icía Castro, gañaron a proba Sub-18; e Brais Rendo e Clara López foron os máis rápidos na categorías Sub-16.

Ao máis alto do podio no resto de probas subíronse Antonio Sanmartín e Carla Suárez (Sub-14), Mateo Vilela e Mireia Díaz (Sub-12), Álex Oviedo e Celtia López (Sub-10) e Anxo Antelo e Sofía Rodríguez (Sub-8).

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino destinará os 546.000 euros do POS+ adicional para gasto corrente
O Concello organiza unha excursión á Feira de Barcelos o xoves 1 de outubro »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés