Desenvolverase nas instalacions do CPI Camiño de Santiago entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro
O prezo é de 20 euros e haberá descontos para familias numerosas e monoparentais
O Concello do Pino vén de abrir o prazo de solicitudes para participar no programa de conciliación Lecer Nadal 2024, destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos que estean empadroados ou escolarizados no municipio, que pasen as vacacións no Pino ou que sexan fillos de persoas que traballen no concello. Deste xeito, o Concello quere cubrir as necesidades de conciliación das familias con crianza durante as vacacións escolares de Nadal.
O Lecer Nadal desenvolverase, de luns a venres, entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro (agás os festivos) no pavillón municipal de Reboredo e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago, en horario de 8.00 a 15.00 horas. En concreto, o servizo prestarase de luns a venres os días 23, 24, 27, 28, 30 e 31 de decembro e 2, 3 e 7 de xaneiro, coincidindo cos días laborales do periodo de vacacións escolares. En total son 9 días de actividade e o prezo do programa é de 20 euros, ao que se lle aplicarán descontos do 20 por cento no caso das familias numerosas ou monoparentais.
O Lecer Nadal 2023 conta cun total de 50 prazas. Para que se poida levar a cabo requirirase un número mínimo de solicitudes. No caso de que haxa máis peticións que prazas ofertadas, atenderase aos seguintes criterios pa
ra valorar a admisión: empadroamento do/a menor no Pino (cun mínimo de 3 meses de antigüidade), criterio técnico dos Servizos Sociais, familias monoparentais, escolarización no Concello; que o pai, nai ou titor traballe no termo municipal e menores que desfruten das vacacións no Pino.
As familias interesadas en participar no programa deberán cubrir a ficha de inscrición que teñen a súa disposición premendo nesta ligazón e nas oficinas municipais (de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres). Unha vez cuberta, a ficha de inscrición poderá presentarse ben de forma telemática na sede electrónica do Concello ou ben presencialmente no rexistro municipal (en horario de oficina, de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres). A data límite para presentar as solicitudes remata o mércores 18 de decembro.
O pagamento efectuarase unha vez publicada a lista de nenos e nenas admitidos, na conta que o Concello ten en Abanca e que aparece nas bases do programa. O xustificante de pagamento deberá ser remitido ao Concello, presencialmente ou a través da sede electrónica, como data límite o 21 de decembro.
As bases e a ficha de inscrición no Lecer Nadal, xunto co modelo de instancia para a presentación da solicitude, están dispoñibles nas seguintes ligazóns:
Bases do campamento de conciliación Lecer Nadal 2024
Formulario de inscrición no campamento de conciliación Lecer Nadal 2024
Instancia Lecer Nadal 2024/25