O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Os escolares poden participar ata o 30 de novembro no tradicional concurso de postais de Nadal

Os escolares poden participar ata o 30 de novembro no tradicional concurso de postais de Nadal

Novas

19-11-2021
19 Nov
  • Unha delas empregarase para felicitarlle as festas a toda a veciñanza//

  • Premiarase o mellor traballo de cada unha das cinco categorías establecidas por idades//

O Concello do Pino convoca un concurso de postais de nadal aberto a todos os escolares do municipio. Para participar, cada alumno ou grupo deberá presentar un traballo ilustrado de temática navideña e técnica libre que sexa orixinal e inédito, que non sobrepase o tamaño DIN-A4 e no que apareza a lenda “O Pino, Bo Nadal e Feliz 2022”. As postais presentaranse, especificando no dorso nome, apelidos e curso, na secretaría do colexio Camiño de Santiago, nas oficinas do Concello ou no centro sociocultural Luis Seoane .

Establécense un total de cinco categorías: educación infantil, 1º ciclo de Primaria (6-7 anos), 2º ciclo de Primaria ( 8-9 anos), 3º ciclo de Primaria (10-11) e Secundaria. Outorgarase un premio por categoría, que consistirá en libros ou outro material educativo como pinturas ou libretas. A entrega dos premios realizarase o 5 de xaneiro, día da Cabalgata de Reis.

Unha das postais premiadas será elixida polo Concello para felicitar as festas a toda a veciñanza.

As bases do concurso poden consultarse a continuación ou en arquivo adxunto.

BASES XIX CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2021

PRIMEIRA. Obxecto da convocatoria

O Concello de O Pino, co ánimo de fomentar as artes plásticas e difundir as tradicións da localidade, ten o propósito de convocar polo Departamento de Educación e Cultura así como pola alcaldía do Concello do Pino, en réxime de concorrencia competitiva, o “XIX CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL” dirixido a todas as rapazas e rapaces do Concello de O Pino en idade escolar.

SEGUNDA. Requisitos dos participantes

Poderán participar neste concurso todas as rapazas e rapaces en idade escolar.

TERCEIRA. Convocatoria do concurso

Convocarase o concurso na páxina web do Concello (www.opino.gal) e nos taboleiros de anuncios municipais, e polos medios oficiais que se consideran máis oportunos para dar a máxima difusión.

Establécense as seguintes categorías:

  • Educación Infantil
  • Educación Primaria 1º Ciclo: 6-7 anos
  • Educación Primaria 2º Ciclo: 8-9 anos
  • Educación Primaria 3º Ciclo: 10-11 anos
  • Educación Secundaria

CUARTA. Tema e forma

O tema será libre pero necesariamente con alusión á celebración do Nadal. Cada rapaz/a, ou grupo, presentará unha única postal que deberá ser un traballo orixinal e inédito. A postal terá que levar a inscrición “O Pino, Bo Nadal e Feliz 2022” e ao dorso farase constar: nome, apelidos e curso. Tanto a rotulación como o tipo de letra, así como a distribución na postal, será de libre elección polo artista. Evitaranse os materiais que poidan desprenderse cando as postais se expoñan de forma vertical.

Os traballos serán ilustrados tamaño máximo DIN-A4, en lingua galega e admitiranse todas as técnicas: pinturas, acuarelas, témperas, collage,… etc.

QUINTA. Prazo e lugar de presentación.

A presentación das postais terá lugar en secretaría do CPI Camiño de Santiago, oficinas do Concello ou Centro Sociocultural Luís Seoane.

O prazo de presentación será ata o 30 de novembro de 2021.

SEXTA. Premios

A Concellería de Educación e Cultura outorgará un premio por categoría, consistente en libros e/ou outros elementos educativos (pinturas, libretas, rotuladores, etc.)

SÉTIMA. Xurado

O xurado estará integrado por: animadora sociocultural, Ana Vigo Castromil, monitor deportivo Iván Pablo Sanmartín Carreira e técnica de Turismo Ángela Illodo Ferreiro. O fallo do xurado será elevado á correspondente acta aos efectos da súa resolución polo órgano competente. Valorarase a orixinalidade, a composición do traballo presentada, a calidade, deseño e adecuación ao tema proposto.

O resultado do concurso farase público a partir do día 13 de decembro 2021 e será notificado aos respectivos gañadores mediante correo postal.

A entrega de premios realizarase o día da Cabalgata de Reis (5 de xaneiro de 2022) respectando sempre o protocolo sanitario da COVID-19.

OITAVA. Consideracións xerais

  1. a) Os traballos dos participantes premiados serán devoltos, autorizando os gañadores/as á reprodución destes en calquera medio impreso ou electrónico, e sen límite temporal nin xeográfico. O Concello fará constar en todo momento o nome completo do autor/a.
  2. b) Os traballos non premiados serán devoltos aos seus autores no prazo dun mes posterior á finalización do concurso.

NOVENA. Aceptación das bases

O feito de participar neste concurso implica a total aceptación destas bases. Calquera dúbida sobre este tema será resolto pola organización entendéndose a súa resolución así como a decisión por parte do xurado como inapelables.

DÉCIMA. Exposición de traballos

Unha vez acabado o prazo de envío de traballos, a Concellería de Educación e Cultura recompilará todas as obras recibidas. Descartará só as obras que non reúnan un mínimo imprescindible de calidade ou todas aquelas ofensivas contra persoas e institucións.

O/a participante acepta e autoriza que a súa obra como tamén as imaxes da entrega de premios aos gañadores, sexa visible na web ou redes sociais do Concello e en edición impresa, exclusivamente co fin das bases deste Concurso.

Neste sentido, os participantes terán que aceptar a política de privacidade e de cesión de imaxes que remitirán ao Concello a fin de acreditar o seu consentimento expreso para ese efecto.

DÉCIMO PRIMEIRA. Dereito de propiedade e Protección de datos persoais

A participación no presente concurso implica a cesión ao Excmo. Concello do Pino, dos dereitos de produción, distribución, comunicación pública e transformación das obras presentadas nos termos previstos na lexislación sobre Propiedade Intelectual, a través de calquera medio ou formato, sen limitación temporal, material ou xeográfica algunha, polo que este Concello pasa a ser propietario de todos os dereitos de propiedade industrial e intelectual que puidesen corresponderlle en relación á ilustración.

Os datos persoais dos participantes atópanse incorporados nos tratamentos de titularidade do CONCELLO DE O PINO, co fin de tramitar o concurso, seleccionar os gañadores e poñerse en contacto con eles, así como publicar os traballos na páxina web, redes sociais e medios de comunicación que se consideran necesarios para dar a coñecer a iniciativa por parte do Concello. Utilizaranse tamén para xestionar a nosa relación co/a concursante e a súa participación no concurso, darlle a coñecer o resultado deste.

 

Icon

Bases do Concurso de postais de Nadal 2021

1 file(s) 115.73 KB
Download

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O transporte metropolitano tamén unirá Medín, Gonzar e Budiño con Sigüeiro e Santiago
O Pino ten en marcha o VIII Nadal Benéfico e programa outra festa para as tardes do 11 e 12 de decembro »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés