O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Aberta a inscrición nas escolas deportivas, que comezarán ás 15.30 horas, e para as actividades deportivas de adultos e ximnasia por parroquias

Aberta a inscrición nas escolas deportivas, que comezarán ás 15.30 horas, e para as actividades deportivas de adultos e ximnasia por parroquias

Novas

29-09-2021
29 Set

Multideporte e baloncesto empezarán ás 15.30 horas de luns a venres para facilitar a conciliación  ||

As clases comezan o vindeiro venres 1 de outubro  ||  

Os rapaces poden elixir tamén patinaxe, ximnasia rítmica, baile moderno, bádminton, e fútbol sala ||  

Zumba, GAP e forza, pilates, tenis e ioga comprenden a oferta para maiores de 16 anos  ||  

 

 

Escolas deportivas municipais de O Pino curso 2021-22O Concello de O Pino vai ofertar Multideporte e Baloncesto de 15.30 a 16.30 horas de luns a xoves para facilitar a conciliación ás familias con menores escolarizados no CPI Camiño de Santiago. Así o adiantou o alcalde, Manuel Taboada, no pleno ordinario celebrado esta mañá.

Deste xeito as familias que non poidan recoller aos menores as 15.30 horas (momento no que rematan as clases e saen os autobuses do transporte escolar), poden apuntar os seus fillos e fillas a estas actividades, que se van desenvolver no polideportivo de Reboredo, que está pegado ao colexio.

Isto motivou un pequeno reaxuste nos horarios das Escolas Deportivas Municipais, que incorporan agora tamén baloncesto. O resto de actividades deportivas, tanto para adultos como a ximnasia por parroquias, non sofre variación.

O pasado luns 27 de setembro, abriuse o prazo de inscrición nas actividades deportivas municipais para escolares e adultos que se desenvolverán ao longo do curso nos polideportivos de Reboredo (centro escolar) e Lameiro e mais no centro sociocultural Luis Seoane. Tamén poden formalizar a inscrición as persoas interesadas en participar no programa de ximnasia por parroquias dos locais sociais de Pastor, Castrofeito, Lardeiros, Gonzar, Ferreiros e Budiño. As clases comezarán o vindeiro venres 1 de outubro, aínda que a matrícula pódese formalizar ata o día 11.

As escolas deportivas municipais funcionarán entre outubro e maio en grupos dun máximo de dez rapaces e con seis disciplinas: patinaxe artística (cinco niveis), ximnasia rítmica, baile moderno (maiores de 6 anos), bádminton, multideporte, baloncesto e fútbol sala (nadas/os entre 2009 e 2012 e nadas/os entre 2013 e 2016). A maioría das clases terán horario de tarde de luns a venres. Só ximnasia rítmica ten programada unha hora os sábados pola mañá, de 10.00 a 11.00, en Lameiro.

Actividades deportivas para adultos Concello de O Pino 2021-22O prezo será de 40€ anuais por actividade para menores empadronados e de 60€ para non empadronados. O segundo e sucesivos irmáns así como a realización de máis dunha actividade contarán cunha bonificación do 50%.


Actividades deportivas para adultos

As actividades deportivas para adultos, dirixidas a persoas maiores de 16 anos, prolongaranse ata o 30 de xuño. Poderán escoller entre zumba; glúteos, abdominais, pernas e circuítos de forza; pilates; tenis ou ioga. Os grupos estarán formados por 25 alumnos coa excepción de ioga, que ao impartirse no centro sociocultural Luis Seoane, terá un máximo de dez. O prezo será de 55€ anuais por actividade para empadronados e de 75 para non empadronados. Pola segunda actividade e sucesivas pagarase a metade.

 

Ximnasia por parroquias

Por último, ximnasia por parroquias terá un prezo de 45€ ao ano para persoas empadronadas e de 90€ para non empadronadas. As clases estarán formadas por un máximo de dez persoas e o curso rematará en xuño.

Ximnasia por parroquias O Pino 2021-22

Para inscribirse nas actividades deportivas é necesario cubrir o formulario de solicitude e presentalo no Rexistro Xeral do Concello ou por sede electrónica. Deberá acompañarse do xustificante de ingreso da cota correspondente a cada actividade e do certificado de empadronamento, no caso de contar con bonificación por este motivo. A solicitude pode descargarse na web municipal ou solicitarse na sede do Concello de luns a venres entre as 9.30 e as 14.00 horas.

De precisar máis información, as persoas interesadas poden contactar co Departamento Municipal de Deportes no correo deportes@opino.gal ou no número de teléfono 981 511 002.

A posta en marcha das actividades está supeditada á existencia dun mínimo de 8 participantes.

Formularios de inscrición

Os formularios de inscrición e o documento para facer o pagamento bancario pódense descargar nos arquivos que figuran a continuación.

Tamén se pode descargar a programación completa e as normas de participación

Icon

Inscrición Escolares actividades deportivas 2021

1 file(s) 510.99 KB
Download
Icon

Inscrición Adultos actividades deportivas 2021

1 file(s) 294.83 KB
Download
Icon

Documento de pago actividades deportivas

1 file(s) 152.02 KB
Download
Icon

Programación y normativa actividades deportivas O Pino 2021-22

1 file(s) 385.33 KB
Download

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O goberno do Pino concederá unha axuda á natalidade de 750 euros por fillo dende xaneiro
Declaración institucional do Concello de O Pino en apoio do acceso da poboación aos servizos financeiros »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego