O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Aberto o prazo de reserva de entradas para o concerto de Manoele de Felisa o sábado ás 19.30 horas

Aberto o prazo de reserva de entradas para o concerto de Manoele de Felisa o sábado ás 19.30 horas

Novas

29-11-2021
29 Nov

Manoele de Felisa ofrecerá o vindeiro sábado na casa de cultura de Arca o seu espectáculo Cancioneiro do Camiño. Un percorrido teatralizado por 18 cancións tradicionais e de autoría propia no que Manoele de Felisa repasa historias acontecidas nos Camiños dende achegada do Apóstolo a Galicia até hoxe.

O acceso ao auditorio é gratuíto, pero é necesario reservar previamente entradas, dende hoxe mesmo, chamando ao teléfono 981 511 065 (de 10.00 a 14.00 horas ata o venres) ou por correo electrónico ao enderezo cultura@opino.gal. Para facer as solicitudes por correo electrónico é necesario facilitar nome, DNI e un número de teléfono de contacto.

O día do concerto, as persoas con reservada deberán presentarse cun mínimo de 15 minutos de antelación ao inicio do concerto (antes das 19.15 horas). De non facelo, esas prazas quedarán a disposición das persoas que se atopen na entrada sen reserva, e iranas ocupando por orde de chegada.

O concerto de Manoele de Felisa estaba previsto xa para o mes de xullo, dentro do Festival Folk coincidindo coa Festa do Galo Piñeiro. Naquel momento foi suspendido pola incidencia da covid-19 no municipio.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Importes definitivos das axudas municipais para material escolar, informático e medidas de conciliación
Ábrese ata o 31 de decembro o prazo de solicitudes para participar no programa termal do Imserso »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés