O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Aberto o prazo de presentación de materiais para o concurso de postais de Nadal de O Pino

Aberto o prazo de presentación de materiais para o concurso de postais de Nadal de O Pino

Novas

28-10-2019
28 Out

O Concello de O Pino organiza un ano máis o seu xa tradicional concurso de postais de Nadal, dirixido ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Os interesados poderán crear unha única postal mediante a técnica artística que desexen e deberán presentala nas oficinas municipais ata o luns 25 de novembro. Os gañadores das diferentes categorías recibirán un premio consistente en material educativo, mais de entre as vencedoras de cada ciclo escollerase unha para felicitar as festas a toda a veciñanza.

O concurso de postais de Nadal de O Pino conta con 5 categorías diferentes divididas segundo os diferentes ciclos que dividen Educación Infantil, Primaria (de 6 a 7 anos, de 8 a 9 anos e de 10 a 11) e Educación Secundaria. Deste xeito, cada alumno/a ou grupo que participe deberá presentar unha única postal de deseño libre que inclúa unha mensaxe ou desexo para o ano 2020, cun tamaño máximo de DIN-A4 e elaborada seguindo calquera tipo de técnica artística (pinturas, acuarelas, témperas, collage…). As obras participantes deberán ter os datos persoais do/s autor/es no reverso.

Cada categoría contará cunha postal gañadora, de modo que os autores recibirán un premio o día da Cabalgata de Reis, consistente en libros en galego e outros elementos educativos. Un dos deseños galardonados utilizarase coma felicitación das festas de Nadal para toda a veciñanza de O Pino.

Os interesados deberán presentar as súas postais no  CPI Camiño de Santiago, no Concello de O Pino, ou no Centro Sociocultural Luís Seoane de Arca. O prazo de presentación remata o luns 25 de de novembro.

As bases do concurso poden consultarse a continuación.

Icon

Bases do concurso de postais de Nadal 2019

1 file(s) 96.59 KB
Download

 

 

Tweet
Share72
Share
Pin
72 Shares
« O Pino descubrirá este sábado o litoral galego dende Nigrán a Vigo no Camiña e Descubre
A Deputación da Coruña organiza unha excursión a Cabeza de Manzaneda para a veciñanza de 11 a 15 anos »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán