O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Aberta a inscrición nas Escolas Deportivas Municipais e nas Actividades Deportivas para Adultos

Aberta a inscrición nas Escolas Deportivas Municipais e nas Actividades Deportivas para Adultos

Novas

18-09-2019
18 Set

As Escolas Deportivas Municipais de O Pino comezan a súa actividade o vindeiro martes, 1 de outubro. Nesta temporada 2019/2020, a poboación menor de 16 anos contará cun amplo abano de actividades físicas para practicar ata o 31 de maio por un prezo de 40€/ano para os veciños do municipio. Canda ás actividades para nenos e nenas botan tamén a andar as propostas para público adulto, que se estenderán ata o mes de xuño. O prazo de inscrición, aberto o mércores 18 de setembro, finaliza o venres 11 de outubro.

As actividades levaranse a cabo en catro localizacións do termo municipal: os polideportivos de Reboredo e Lameiro, o Centro Sociocultural Luís Seoane e o CPI Camiño de Santiago. Haberá obradoiros para a primeira infancia, como é o caso dos de psicomotricidade, e tamén para nenos e nenas ata os 16 anos. As actividades propostas son baloncesto, atletismo, patinaxe artística, ximnasia rítmica, fútbol sala, baile moderno e bádminton.

No que toca á poboación adulta, a principal novidade neste curso é a actividade de GAP e circuítos de forza. Ademais, teñen continuidade os obradoiros de pilates, ioga, running, ximnasia de mantemento, tenis, zumba e aerobic/step.

Prezos
Para as Escolas Deportivas Municipais o Concello estableceu un prezo único de 40€/ano para os empadroados no Pino e 60€/ano para os non empadroados. As familias gozarán dun desconto non acumulable dun 50% no caso de se anotaren varios irmáns ou en varias actividades. Para os adultos, o custe é de 55€/ano para a veciñanza e 75€/ano para quen non estea empadroado, co mesmo 50% de desconto en caso de acudir a varios obradoiros.

As solicitudes poden descargarse na sección de formularios desta web ou recollerse na Casa do Concello. As inscricións deben presentarse no Rexistro Xeral municipal, xunto co xustificante de ingreso da cota correspondente de cada actividade e, se procede, do certificado de empadroamento. Para outras informacións cómpre dirixirse á concellería de Deportes no teléfono 981 511 002.

Tamén se poden consultar os horarios e descargar os formularios de inscrición e pagamento nos documentos adxuntos.

Icon

Programación deportiva 2019-2020: horarios e prezos

1 file(s) 300.46 KB
Download
Icon

Documento de pago actividades deportivas 2019-2020

1 file(s) 152.02 KB
Download
Icon

Escolares: ficha inscrición escolas deportivas 2019-2020

1 file(s) 305.98 KB
Download
Icon

Adultos: Ficha de inscrición actividades deportivas 2019-2020

1 file(s) 275.75 KB
Download
Tweet
Share84
Share
Pin
84 Shares
« Nova edición no Pino de Ximnasia por Parroquias para Maiores dende o 1 de outubro
O Pino destina 44.575 euros a subvencións municipais para asociacións e entidades sen ánimo de lucro »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés