Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

A XVIII Carreira Popular do Pino conta xa con preto de 300 inscritos

Novas

20/09/2023
20 Set

O prazo para anotarse pecha mañá xoves día 21 de setembro || 
A participación pode formalizarse a través da web carreirasgalegas.com antes das 23.59 horas do día 21 || 
A proba chega este domingo a súa maioría de idade ||

Máis de 400 atletas participaron nas 7 categorías das que constaba a carreira popular, Os 8.000 de O Pino. Na categoría absoluta, os primeiros postos foron para Juan Álvarez e Zelinda Spencer.

Mañá xoves 21 de setembro remata o prazo de inscrición na Carreira pedestre popular do Pino que este domingo día 24 chega a súa décimo oitava edición. A participación pode formalizarse a través da web carreirasgalegas.com antes das 23.59 horas de mañá.

Ata o momento son case 300 as persoas que confirmaron a súa presenza nesta proba que chega a súa maioría de idade.

A saída da categoría absoluta (maiores de 18 anos) será ás 10.00 horas, e as seguintes iranse facendo de xeito consecutivo ata ás 12.10, cando comezarán a correr as persoas participantes menores de seis anos. Tanto a saía como a meta estarán situadas na praza de Forcarei (Arca). O percorrido é de 8 quilómetros para a categoría absoluta e duns 300 metros para menores de seis anos.

Organizada polo Concello do Pino baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, esta proba pertence ao IX Circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña e poderán participar atletas federados e non federados, pero haberá unha soa clasificación conxunta. O control da proba estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

A recollida de dorsais será na secretaría técnica (situada na praza de Forcarei) 30 minutos antes da saída. O regulamento da proba pódese consultar na mesma paxina web da inscrición.

O Concello entregará trofeo para os tres primeiros e as tres primeiras clasificadas das diferentes categorías da carreira absoluta, e para o primeiro e a primeira atleta local das categorías Sub-8 ata Sub-18, entre outras premiacións. Haberá medallas para todas as persoas participantes nas categorías escolares entre Sub-6 e Sub-12. No caso dos clubs federados establécense premios en metálico de 150, 100 e 50 euros para os tres primeiros, tanto en categoría masculina como feminina.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Ábrese a inscrición en ximnasia por parroquias e nas actividades deportivas municipais para escolares e adultos
Silvia García e Amador Pena foron os gañadores da XVIII Carreira Popular de O Pino »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés