O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / A Xunta investirá máis de 18.000 euros na ampliación da área infantil da biblioteca municipal

A Xunta investirá máis de 18.000 euros na ampliación da área infantil da biblioteca municipal

Novas

30-11-2021
30 Nov
Gonzalo Trenor, delegado da Xunta de Galicia na Coruña, visitou a biblioteca do Pino acompañado polo alcalde, Manuel Taboada, e pola concelleira de Cultura, Eva Varela

Gonzalo Trenor, delegado da Xunta de Galicia na Coruña, visitou a biblioteca do Pino acompañado polo alcalde, Manuel Taboada, e pola concelleira de Cultura, Eva Varela. Foto: Xunta

 

A Xunta de Galicia investirá un total de 18.718 euros na ampliación da área infantil da biblioteca do centro sociocultural Luis Seoane do Pino e na adquisición de materiais de novas tecnoloxías. Así o anunciou onte o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, na súa visita á biblioteca municipal, na que estivo acompañado polo alcalde, Manuel Taboada, e pola concelleira de Cultura, Eva Varela.

Trenor destacou que este apoio encádrase na liña de axudas destinadas á mellora e equipamento das instalacións e locais dos concellos dirixidas a actividades culturais, por importe de 500.000 para toda Galicia e das que se beneficiarán 40 concellos. Segundo o delegado da Xunta na Coruña, a intención desta orde de subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Universidades é “dotar dos medios necesarios ás entidades locais comprometidas coa acción cultural para que poidan executar as súas programacións, así como contar coas oportunas infraestruturas que lles permitan a adecuada realización das actividades culturais, garantindo o servizo público que prestan á cidadanía tanto nos eidos rurais como urbanos”.

Os concellos beneficiarios teñen que ser titulares dos locais culturais para os que se solicitan as axudas e contar cunha programación cultural estable ao longo do ano, como é no caso do Concello do Pino. A subvención destinarase á ampliación da área infantil da biblioteca, así como á adquisición de materiais técnicos vinculados ao desenvolvemento das accións culturais.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Cinco mozos do Pino de entre 12 e 15 anos poderán ir esquiar coa campaña da Deputación
A empresa SOL encargarase dende mañá da recollida do lixo no municipio de O Pino »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego