Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

A veciñanza de Lardeiros enche o local social na primeira charla sobre seguridade para persoas maiores

Novas

07/06/2022
7 Xuñ

Un axente da Garda Civil ofrece consellos para evitar ser vítimas de delitos, no marco do Plan Maior Seguridade do Ministerio do Interior // Aínda quedan prazas para participar nas reunións informativas que se celebrarán no Amenal e en Pastor

Un total de 30 veciños e veciñas da parroquia de Lardeiros, no municipio do Pino, encheron o local social onte, luns 6 de xuño, para asistir á primeira das charlas informativas do Plan Maior Seguridade, organizada polo Concello en colaboración coa Garda Civil e co Ministerio do Interior. O axente da Garda Civil Óscar Rey foi o encargado de facilitar consellos para evitar os problemas de seguridade que afectan ás persoas maiores como colectivo: os riscos no fogar ou na vía pública, estafas, roubos e furtos, accidentes e situacións de maltrato ou abandono.

En palabras de Óscar Rey, “Galicia é unha balsa de aceite comparada con outras comunidades, pero non estamos exentos de riscos e debemos tomar medidas de prevención”. O primeiro e máis importante ante un delito é, segundo o axente, non facerlle fronte ao malfeitor e chamar á Policía ou á Garda Civil, no teléfono de emerxencia 112 ou no 062.

No transcurso desta charla presencial proxectouse un vídeo do Plan Maior Seguridade, impulsado polo Ministerio do Interior e dirixido á prevención e mellora da seguridade das persoas maiores. Ademais, os asistentes compartiron as súas experiencias ou aqueles casos que lles aconteceron a familiares e coñecidos, aos que Rey respondeu ofrecendo indicacións de como se debe actuar.

Pola dispersión e o envellecemento da poboación que se dá no rural galego, o axente incidiu en puntos como non ter moitos cartos en efectivo na casa, pechar a porta do domicilio cando saímos á horta ou á casa dun veciño ou anotar as matrículas dos vehículos daquelas persoas que non coñecemos pero que nos parecen sospeitosas. Tomar nota do número de serie da maquinaria agrícola e das ferramentas ou usar unha marcaxe na maquinaria para identificala en caso de roubo foi outro dos consellos ofrecidos por Óscar Rey. Tamén salientou a utilidade das pulseiras ou reloxos con localizador GPS para aquelas persoas maiores que saen pasear e corren risco de perderse.

As charlas do Plan Maior Seguridade repetiranse nos vindeiros días noutras parroquias do Pino e aínda quedan prazas libres para asistir. Así, o xoves día 9 está previsto celebrar outra reunión informativa no Amenal e o luns 13 de xuño no local social de Pastor. Aquelas persoas interesadas en participar poden anotarse na casa da cultura ou chamando ao teléfono 981 511 065.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino adxudica cinco proxectos de obras con fondos propios por importe de 2,6 millóns
Representantes da provincia arxentina de Córdoba interésanse no Pino pola influencia do Camiño no territorio »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego