Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

A terceira edición de O Pino Aventura atrae participantes das catro provincias galegas

Novas

11/05/2024
11 Mai

Participantes na terceira edición de O Pino Aventura

 

Foron 17 os equipos dispostos a buscar lugares e resolver probas de lóxica e coñecemento // A proba desenvolveuse nesta ocasión na contorna de Ferreiros //

Ao redor de sesenta persoas, divididas en 17 equipos, participaron este sábado 11 de maio na terceira edición de O Pino Aventura, actividade ao aire libre que convida a coñecer a pé distintas paraxes naturais do Pino ao tempo que pon a proba os coñecementos, o inxenio e a habilidade dos participantes.

Co campo da igrexa de San Verísimo de Ferreiros como base, a misión dos equipos consistiu en atopar, coa axuda dun mapa, un total de dezaoito localizacións (máis outra oculta) espalladas pola contorna e resolver as probas que se lles propoñían nalgúns dos puntos, consistentes en enigmas relacionados coa lóxica, a literatura, o cinema ou a xeografía.

Ademais, as persoas participantes tamén tiveron que facer unha proba especial de habilidade e os menores puideron facerse con lambonadas e regaliños durante o percorrido.

Destacou a presenza de familias. Os equipos nos que se combinaban menores e persoas adultas foron maioría e tamén hai que subliñar a participaron de equipos chegados dende as catro provincias galegas, de lugares como Salceda de Caselas (Pontevedra) ou O Carballiño (Ourense). A proba cumpriu así o obxectivo de promocionar O Pino e atraer novos visitantes.

Precisamente coa fin de dar a coñecer distintas paraxes, cada ano vaise alternando o lugar no que se desenvolve O Pino Aventura: foi Arca na primeira edición, A Tarroeira o ano pasado e Ferreiros nesta, o que lle deu a oportunidade aos participantes de facer treitos do Camiño de Santiago, coincidindo cun bo número de peregrinos.

Uns petiscos rematado o tempo de competición, limitado a dúas horas e media, puxéronlle a guinda a unha xornada de exercicio, diversión e convivencia organizada coa axuda da empresa Territorio Comanche.

As clasificacións e as respostas das probas desta terceira edición de O Pino Aventura poden consultarse no arquivo adxunto.

Icon

Clasificacións e respostas das probas de O Pino Aventura 2024

1 file(s) 9.21 MB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O alcalde asina as subvencións nominativas con cinco entidades do Pino por 31.500 euros
Pablo Brandariz gaña o VIII Trofeo de Ciclismo Concello de O Pino e a Challenge en máster 30 »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego