Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

A Tarxeta Xente Nova permítelle á mocidade galega gozar de 60 viaxes interurbanas gratis ao mes ata os 21 anos

Novas

20/09/2021
20 Set
  • Pode empregarse dende os 4 anos en toda a rede do transporte público de Galicia//

  • Haina que solicitar nunha oficina habilitada de Abanca//

Tarxeta NovaCoincidindo co comezo do curso, Xunta e empresa Monbus lembran que dende o pasado mes de maio todas as rapazas e rapaces galegos menores de 21 anos poden realizar ata 60 viaxes interurbanas gratis ao mes no transporte público de Galicia sexa cal sexa a orixe e o destino.

Deberán dispoñer para iso dunha Tarxeta Xente Nova e, para conseguila, haina que solicitar nalgunha das oficinas de Abanca habilitadas en cada provincia (. No caso de ser menor de 18 anos, esta solicitude haberá de facela o representante legal.

Unha vez en posesión da tarxeta, as persoas beneficiarias terán que cargarlle cartos nos caixeiros de Abanca ou nas oficinas que a expiden. Pode facese en efectivo, con tarxeta, co móbil ou coa banca electrónica.

As viaxes realizadas pagaranse no momento coa Tarxeta Xente Nova e posteriormente a Xunta reintegrará o importe na mesma tarxeta, para o que haberá que aceptar a recarga nun caixeiro de Abanca. A bonificación das viaxes da primeira quincena dun mes estará dispoñible a partir do día 5 do seguinte mes e as da segunda quincena poderán aceptarse a partir do día 20.

As tarxetas están dirixidas a cativas/os e mozas/os de entre 4 e 21 anos. Ata os 3 anos, o transporte público en Galicia é gratuíto.

Na web https://xentenova.monbus.es/ pode consultarse toda a información sobre a Tarxeta Xente Nova e as súas vantaxes, o listado das sucursais habilitadas para a súa expedición e os servizos de transporte existentes en cada concello.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Abre o prazo de inscrición para facer os exames Celga da convocatoria de 2021
Ordenanza reguladora da sede electrónica do Concello de O Pino »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego